Os grupos da oposición pídenlle a Feijóo que non faga partidismo coa crise tras recibir test rápidos de Madrid

Gonzalo Caballero pídelle "lealdade" ao presidente galego e di que o test que mandou o Goberno son os que a Xunta pediu. O BNG reclámalle que fuxa da "loita partidista" cun tema de crise sanitaria.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/04/2020 | Actualizada ás 15:10

Comparte esta noticia

Os grupos da oposición criticaron duramente a Alberto Núñez Feijóo por tentar politizar o envío de test rápidos desde Madrid asegurando que non cumplen as expectativas do Sergas. Tanto o líder do PSdeG como a do BNG criticaron duramente ao presidente galego por facer "partidismo" durante esta crise.

Así, o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, asegurou que o 58.000 test remitidos esta semana polo Goberno central á Administración autonómica son os que a Xunta de Galicia pediu polo que volveu a reclamar ao máximo mandatario autonómico, Alberto Núñez Feijóo, "lealdade" na loita contra o COVID-19.

Nunha rolda de prensa telemática, o líder do PSdeG asegurou que estas probas non son "as PCR" que "permiten detectar a agudeza do corpo" senón que son exames rápidos que indican "se hai anticorpos nun determinado cidadán". "Cremos que é un mecanismo útil", manifestou Gonzalo Caballero, que lembrou que o pasado domingo o propio Feijóo asegurou que quería ao redor de 60.000 test de diagnóstico rápido. "Eses son os que o Goberno do Estado puxo a disposición do conxunto das comunidades e tamén de Galicia", sostivo o socialista.

Neste sentido, indicou que "é un mecanismo de prevención" que "supón un avance" e lembrou que existen "varios test" e que "os que permiten detectar o nivel de gravidade no contaxio" son os PCR. Segundo indicou, cada sistema ten capacidade de facer PCR "en función do investimento e do persoal para tramitalos".

"En Galicia están a facerse todos os que son posibles, que é o que corresponde", apuntou para avogar por "manter" os PCR ao "máximo" e "complementar con outros tipos de test". "Non podemos caer en facer polémicas que non veñen a conto e non solucionan nada", sinalou. Nesta liña, subliñou que o Goberno de España "cumpriu coas comunidades autónomas" o seu compromiso de remitir un millón de test de diagnóstico rápido, dos 58.000 enviáronse a Galicia.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, comparece ante os medios. PSDEG
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, comparece ante os medios. PSDEG | Fonte: Europa Press

BNG

Preguntada polo test enviados, Ana Pontón pediu coñecer "cando e como" se acordou co Goberno central o envío de test e o tipo de probas que se remitía e reclamou á Xunta e ao PP "fuxir de todo uso partidista".

"É un momento moi difícil e a Xunta debería estar a centrar os esforzos en traballar na urxencia sanitaria", indicou, para agregar, a continuación, que "é evidente que se fixeron mal cousas (por parte de ambos os gobernos), pero agora é o momento de solucionar os problemas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta