Condenados a seis meses de cárcere por saltarse ata quince veces a corentena

Os dous homes son veciños da Pobra do Caramiña.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/04/2020 | Actualizada ás 18:34

Comparte esta noticia

Dous veciños do municipio da Pobra do Caramiñal foron sentenciados a seis meses de prisión por incumprir as medidas de confinamento decretadas con motivo da crise sanitaria provocada polo COVID-19.

O Xulgado de Instrución número 2 de Ribeira, en funcións de garda, sentenciou este mércores a un deles a seis meses e vinte días de cárcere, que xa fora condenado polo mesmo delito o pasado 31 de abril. Naquel entón, foi multado con 720 euros por saltarse a norma derivada do estado de alarma ata en once ocasiones. A pesar diso, volveu saír á vía pública "sen xustificación algunha" e en seis días foi interceptado por axentes outras nove veces, tres delas o 31 de marzo, o mesmo día da primeira condena.

"O condenado continuou cun total desprezo ás obrigacións de confinamentos ditadas polas autoridades estatais", destaca a xuíza no auto, no que tamén se fai referencia ao traslado de varias dilixencias de investigación relativas a presuntos roubos con forza nas que está investigado.

DESOBEDIENCIA

Doutra banda, o Xulgado de Instrución número 2 de Ribeira tamén condenou a seis meses de prisión a outro veciño por un delito de desobediencia grave. O home, segundo consta na resolución, ten "perfecto coñecemento das limitacións á liberdade de circulación das persoas" derivadas do estado de alarma. A pesar diso, saíu á vía pública "sen xustificación algunha" en quince ocasións, entre o 17 de marzo e o 7 de abril, todas as cales foi interceptado e advertido por axentes.

O 7 de abril tamén foi detido como presunto autor de tres delitos de roubo con forza e posto hoxe a disposición xudicial.

A titular do xulgado basea a súa decisión en "a reiteración na actitude de desobediencia grave, a pesar das graves circunstancias sanitarias" e nos "múltiples antecedentes penais" do sospeitoso.

Inerceptado pola Garda Civil
Inerceptado pola Garda Civil | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Este xogo mediático de ir buscar a excepción non me parece que sexa un bo exemplo de xornalismo independente ! Tódalas televisións están a sacar "casos raros" que o único que fan é xustificar tódolos ABUSOS DE AUTORIDADE que padecemos a diario neste Estado de Excepción Gratuíto ! Acaso tódalas denuncias son deste calibre ? https://twitter.com/interiorgob/sta... ¿Temos 401.000 delincuentes neste país? Acho que non...!!!