Feijóo sobre os contratos dos sanitarios que loitan contra o Covid-19: "Non van baixar substancialmente"

Eleva a 629 o número de sanitarios contaxiados e chama a todo aquel con coñecementos deste ámbito a "porse a disposición" para traballar.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/04/2020 | Actualizada ás 18:48

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou este mécores que "non van baixar substancialmente" os contratos do persoal temporal que remate contrato, como denunciou a CIG este mércores. "Entendemos que a inmensa maioría seguirán sendo absolutamente imprescindibles para traballar no Sergas ou en servizos sociais", dixo Feijóo, preguntado ao termo da reunión semanal do seu Executivo.

"O problema que temos agora é ter suficiente persoal para traballar en servizos hospitalarios. Desde o punto de vista da demanda de contratos sanitarios e sociais será crecente, non vai baixar substancialmente", defendeu e exemplificou coa "decisión inédita" de contratar a médicos MIR e profesionais de enfermaría na súa última fase de formación.

REFORZO EN RESIDENCIAS

Tamén reivindicou que a Xunta reforzou "con 634 profesionais" as residencias e asegurou que desexase "contratar a máis xente". "Pero hai quen renunciou ou con quen non se puido contactar", explicou.

Así as cousas, insistiu no seu chamamento a que todo aquel con "coñecementos sanitarios" se poña "a disposición" da administración galega e destacou que o 10% dos contaxiados son persoal sanitario.

Feijóo xunto co conselleiro de Sanidade, Jesús Almuiña, nunha sala de urxencias
Feijóo xunto co conselleiro de Sanidade, Jesús Almuiña, nunha sala de urxencias | Fonte: xunta.gal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta