Gadis reparte termómetros infravermellos para evitar que os traballadores asistan con febre

A cadea de alimentación toma esta medida para que os e as empregadas que experimenten os primeiros síntomas do coronavirus podan asistir de maneira inmediata aos servizos médicos.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 08/04/2020 | Actualizada ás 20:45

Comparte esta noticia

A distribución de termómetros infravermellos entre o persoal de Gadis comezou tanto en centros de venda como almacéns de Galicia e Castilla y León. A empresa busca así que os traballadores e traballadoras non se incorporen aos seus postos de traballo con febre. 

Imaxe dun centro  Gadis
Imaxe dun centro Gadis | Fonte: Gadis

Polo momento xa van distribuídas 300 unidades para medir a temperatura a distancia. Desta maneira evitaríase así que aparecesen incidencias en relación ao contaxio por coronavirus.

A nova acción da empresa de alimentación súmase a outras medidas de seguridade xa implantadas nos seus centros de traballo. Entre ditas medidas están a colocación de pantallas protectoras de metacrilato ademais de controlar o número de persoas que acceden aos centros de venda.

Tamén aumentaron as medidas de hixiene e limpeza en zonas onde o contacto entre persoas pode ser maior.  O persoal tamén dispón dunha serie de EPIs e os clientes teñen ao seu dispor luvas e xel hixiénico.

Gadis mantén os seus horarios de apertura habitual en vistas a manter o fornecemento das familias e tamén daqueles colectivos que, polos seus horarios, teñen máis difícil facer as compras, como persoal sanitario, transportistas ou forzas de seguridade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta