Máis de 2.000 multas por desprazamentos indebidos só da Policial Local de Madrid este mércores

Houbo un operativo especial para evitar a fuxida de xente a segundas residencias o que provocou grandes colas e o aumento das sancións, tal e como informou GC.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 09/04/2020 | Actualizada ás 13:27

Comparte esta noticia

A Policía Municipal de Madrid impuxo máis de 2.000 multas a vehículos só na tarde deste mércores. Foi dentro do operativo posto en marcha polo Ministerio do Interior para evitar os desprazamentos dos cidadáns fóra da capital do Estado en Semana Santa debido ao Estado de Alarma.

Imaxe de retencións de coches nas principais saídas de Madrid
Imaxe de retencións de coches nas principais saídas de Madrid | Fonte: DGT

A estas sancións hai que sumar as da Garda Civil. Este corpo, segundo informa EFE, denunciou o mércores a 3.090 vehículos por incumprir as restricións do estado de alarma, entre elas a prohibición de trasladarse a segundas residencias con motivo da Semana Santa.

CONTROIS EN MADRID

No operativo de Madrid participaron a Policía Local, a Garda Civil e a Policía Nacional que realizaron controis nas principais vías de saída da capital española, o que provocou grandes retencións, tal e como informou GC. A DGT di que foi para controlar precisamente os traslados innecesarios a zonas vacacionais ou segundas residencias o que provocou retencións de nivel amarelo na A-2, A-3, a A-5 e especialmente a A-6, saíndo da capital dirección Galicia.

O operativo policial comezou o mércores ás 14 horas de onte. Estes controis provocaron que se aumentaran considerablemente as sancións con respecto a outros días. En total, e só a Policía Municipal de Madrid, segundo informa o xornal La Razón, impuxo 2.131 multas a vehículos. Ademais 34 persoas foron imputadas ou detidas por saltarse o decreto do estado de alarma e 918 vehículos foron interceptados.

Desde o inicio do confinamento, a Policía Local de Madrid interpuxo unhas 13.000 propostas de sanción, detivo a 60 persoas e uns 450 vehículos foron interceptados. O alcalde de Madrid, José Luis Martínez-Almeida, estivo na mañá deste xoves supervisando un dos controis de tráfico efectuados pola Policía Municipal, en concreto o situado na saída da A3.

A MAIORÍA QUEDA NA CASA

Con todo, a inmesa maioría dos madrileños quedou na casa. Así o recolle Edu Souto na súa canle de youtube.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Aqui tedes o verdadeiro resultado do Estado de Alarma https://twitter.com/interiorgob/sta... Os mortos non saben como contalos, pero aos vivos os teñen ben controlados !!!