Allariz busca ordenadores portátiles para facer fronte ao coronavirus

O concello, en colaboración co IES de Allariz, busca ordenadores portátiles para o alumnado do centro.

Por X.M. Fernández | Allariz | 12/04/2020 | Actualizada ás 10:30

Comparte esta noticia

O Concello de Allariz intentará cubrir a necesidade de ordenadores dos escolares da vila. Para acadar este obxectivo cederá temporalmente algúns portátiles ao Instituto de Educación Secundaria desta vila e está a facer un chamamento á cidadanía que teña algún que non empregue para que valoren a posibilidade de doalo. O propio concello en cargarase de xestionar a doazón do mesmo.

Centro de ensino de Allariz. Foto: Concello de Allariz
Centro de ensino de Allariz. Foto: Concello de Allariz

A comunicación coas oficinas municipais farase a través da páxina de Facebook do Concello de Allariz ou enviando un correo electrónico a comunicacion@allariz.com.

SERVIZO DE IMPRESIÓN

Noutra liña de colaboración co CEIP Padre Feijóo de Allariz ofrécese un servizo de fotocopias para o alumnado de 3º  a 6º de primaria, que de forma xustificada o soliciten.

Para solicitar a impresión do material escolar recoméndase facelo a través do correo electrónico participa@allariz.com indicando o nome do alumno ou alumna e o seu enderezo. O mércores de cada semana será a data límite para enviar as tarefas e o material distribuirase nas casas das familias interesadas o luns seguinte á recepción a través de Emerxencias Allariz.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta