Inditex sobe no Ibex no medio da crise

A téxtil incrementou un 16% a cotización en bolsa esta semana.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 10/04/2020 | Actualizada ás 22:35

Comparte esta noticia

Inditex subiu esta semana en bolsa un 16% esta semana tras semanas de baixadas consecutivas. A téxtil rematou a semana a 25,26 euros a acción, un 15,98% por encima do venres pasado. A compañía xa está a medio camiño entre os ao redor de 32 euros por acción que valía antes da pandemia e os 18,50 euros aos que se chegou a caer no peor desta crise.

A empresa fundada por Amancio Ortega foi unha das que máis creceu no Ibex. De feito pasou dun 7,42% o pasado luns a un 15,98% este xoves, pasando as accións de valer 21,78 euros a 25,26 euros.

Segundo apunta o xornal elespañol.com, esta situación débese ao clima de optimismo xerado nos mercados italiano e español pola estabilización da pandemia. Ademais isto coincide coa boa imaxe da compañía a nivel internacional tras colaborar co goberno español e propiciar a chegada a España de 35 millóns de máscaras, ademais das que doadas, a través de toda a súa plataforma loxística.

Sede central do Grupo Inditex.. INDITEX - Arquivo
Sede central do Grupo Inditex.. INDITEX - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Se subiu é porque decidiu non repartir dividendos e investir tódalas ganancias deste exercicio coma provisión de fondos ante a crise... As doazóns non fan subir a bolsa !!!