A Xunta insiste en que non lle valen os novos 60.000 test rápidos que lle mandou o Goberno central

Destaca que non permiten un diagnóstico. O Goberno central suliña que valen para "cribar" casos de alta prevalencia do COVID-19, como residencias. Os 60.000 test rápidos da Xunta que Feijóo anunciou aínda non chegaron a Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/04/2020 | Actualizada ás 11:28

Comparte esta noticia

O comité de expertos da Xunta conclúe que o novos test rápidos enviados polo Ministerio de Sanidade a Galicia "non son, en sentido estrito, un test de diagnóstico", senón que "apoian" outras metodoloxías.

Así o explica o catedrático e xefe de servizo de Microbioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi), Benito Regueiro, quen asegura que estas probas "serven só para valorar se a persoa tivo contacto co virus e sempre que sexa alguén que non teña unha inmunosupresión de base".

En concreto, o Goberno central reparte entre este venres e este sábado outro millón de test rápidos para a detección do COVID-19 ás autonomías, tal e como anunciou o ministro de Sanidade, Salvador Illa, tras o Consello de Ministros. Deles, 60.00 serán para Galicia que se suman aos outros 60.000 enviados a pasada semana.

Así, o comité clínico da Xunta afirma que a utilidade destas probas é "tan só complementaria" doutras como os PCR, que "xa está a realizar" o Servizo Galego de Saúde (Sergas). "Este tipo de test detecta anticorpos totais, co cal a súa aplicación clínica é detectar se as persoas tiveron nalgunha ocasión contacto co virus",dixo este experto da Xunta. "Non é, en sentido estrito, un test diagnóstico do virus", insistiu.

O pasado mércores, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, xa se queixou de que o 58.000 test rápidos que enviara o Ministerio de Sanidade días atrás "non valen para facer un diagnóstico fiable" e, en consecuencia, non se podían utilizar como proba única, polo que en Galicia serían "complementados" con PCR. Ademais, anunciou que a Xunta xa pedira uns 60.000 novos test pola súa conta diferentes a estes pero que non chegaron a Galicia.

Con todo, o ministro de Sanidade, Salvador Illa, defendeu no Congreso a utilidade deste test para "ampliar a capacidade diagnóstica" e "cribar" os casos en colectivos de alta prevalencia do COVID-19, como hospitais e residencias, "dunha forma rápida e segura", e subliñou que a súa fiabilidade é "plena" nos casos que dan positivo.

Dispositivo sanitario de próbaa test do PCR para detectar a infección por coronavirus ás persoas desde o seu coche, instalado no recinto de aparcadoiro do centro de saúde da barriada A Roca, en Málaga, (Andalucía, España), a 23 de xaneiro.. Álex Zea - Europa Press
Dispositivo sanitario de próbaa test do PCR para detectar a infección por coronavirus ás persoas desde o seu coche, instalado no recinto de aparcadoiro do centro de saúde da barriada A Roca, en Málaga, (Andalucía, España), a 23 de xaneiro.. Álex Zea - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta