GC Aberto

Europa deprimente

As desavinzas que a crise do coronavirus xerou no seo do Eurogrupo son razón sobrada para reconducir o proxecto europeo, en liña a erradicar cantonalismos e facer prevalecer o interese xeral sobre o particular dos estados membro.

Por galdo1950 (http://galdo-fonte-xm.blogspot.com/) | GC ABERTO | 18/04/2020

Comparte esta noticia

Ilustración dixital do coronavirus
Ilustración dixital do coronavirus | Fonte: isglobal.org

Desde que se desencadeou  o coronavirus,  Europa  lonxe de establecer  instrumentos de actuación inmediata para minimizar o impacto do virus na economía e a reparación dos seus efectos, optou  por deixar  a  institución á marxe do interese mancomunado do conxunto sobre o particular dos membros, demostrando con iso unha imaxe de total  desunión á hora de establecer criterios globais económicos, políticos, sociais, e sanitarios para o conxunto da Eurozona.

 

A expansión da Covid-19 no espazo xeopolítico da Unión máis que reforzar a unidade entre os seus membros  fixo que cada un optase por un  particular “sálvese quen poida”, deixando así    sen efecto as directivas   tocantes co  déficit económico, gasto público,  políticas sociais e de sanidade  na contorna do denominado Espazo Schengen, ámbito,  onde teoricamente debésemos ser un só país máis aló das  fronteiras, pero que chegada a  hora da verdade tal percepción resultou ser unha  entelequia.

 

Desde os primeiros brotes da pandemia evidenciouse que o actual  goberno da UE con  Ursula  von  der  Leyen á fronte,  non cambiou o seu guión dos últimos tempos, mantendo  contra vento e marea a pauta  da Europa  das dúas velocidades. É dicir,  a dun núcleo duro de países fortes que circulen  a velocidade distinta do resto dos membros, e tal circunstancia fai que os países ricos do norte se posicionen contra a aspiración das nacións do sur, que encabezadas por España e Italia, demandan un novo Plan Marshall coa creación de bonos de estado denominados  coronabonos, como solución  efectiva para os efectos  inducidos pola  epidemia.

 

As actuais diverxencias poñen de manifesto que en países con realidades económicas heteroxéneas é impropio manter unha unidade monetaria, se esta, non vén acompañada da fusión política e a uniformidade compensada da súa estrutura produtiva e social.

 

Sendo aí onde en gran parte radica a orixe e a causa da desavinza   sistémica, pois queda visto que  a alianza de veciñanza que caracteriza a relación entre estados membro, é en si mesmo  un artificio que tan só favorece a potencialidade dos países máis podentes, xerando  inestabilidade nos membros  societarios peor situados, ao acentuar a súa carestía e convertelos en fácil presa da voracidade dos mercados especulativos, quen, son dados a cazar elixindo as presas máis débiles en safaris onde as mandas andan dispersas como é o caso.

 

O plan de choque  de medio billón de Euros aprobado in extremis este xoves santo  polos ministros de Economía e Finanzas da UE  para paliar os efectos do coronavirus, por máis que  se tente vender como unha vitoria, en nada fai variar as discrepancias entre ambos os bloques, proba diso é que o seu texto non establece  condicionalidade macroeconómica nas liñas de crédito, como tampouco fai  mención ningunha á emisión de  coronabonos  para a fase de recuperación.

É por tanto unha  forma  ambigua de saír do paso, sen previsión   concreta do obrigado  Plan de Reconstrución, para o que non existe  deseño nin contía estimada e moito menos  a mínima determinación para pagalo con débeda conxunta; podendo dicirse  por tanto que se mantén  a  fractura entre o Norte e o Sur, e que o pactado  polo   Eurogrupo non pasa de ser unha tregua coa que encubrir  a disensión, un artificio para dilatar de momento    a toma de decisións  sobre os asuntos máis complexos que seguen sendo  materia de discordia, e que máis pronto que tarde auguran novas friccións. 

 

Todo isto non é nada novo, senón  unha constante xenérica con vixencia formal no marco da Unión desde a aprobación do Tratado de  Maastricht; a gran farsa  do proxecto europeo co que se nos tenta facer tragar coa  viabilidade  dunha  unión monetaria sen integración fiscal e orzamentaria, aínda cando os  iterados fracasos das súas crises que acentuaron as desigualdades entre países fixéronse máis patentes   e os desequilibrios máis notorios; coa negativa dos países acredores  a establecer medidas  redistributivas de reparación das  desigualdades creadas, tendo de engadir a iso o seu rexeitamento de  mutualización do risco.

 

A  desatinada regulación monetaria, a súa disparidade xenuína e unha desastrosa  gobernanza, converteu a casa común dunha comunidade económica, nunha  timba de pouca sonada onde se prodiga a xogada ao EuroPocker.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta