Piden á RAG que estenda a 2021 a dedicatoria do Día das Letras a Carvalho Calero

"A excepcionalidade de tal medida está máis que xustificada polo excepcional e grave da situación que estamos a padecer", apunta a entidade Galiza Cultura.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/04/2020 | Actualizada ás 19:47

Comparte esta noticia

A Real Academia Galega decidiu pospor ata o próximo 31 de outubro a celebración oficial do acto das Letras dedicado a Ricardo Carvalho Calero ante a crise que vive o territorio pola situación sanitaria.

No entanto, varias voces e colectivos están a alzar a voz para pedir que o Ano Carvalho Calero esténdase máis aló de 2020 e que 2021 sexa tamén dedicado á memoria do intelectual e profesor ferrolán.

A federación de asociacións culturais Galiza Cultura remitiu un comunicado subscrito pola súa presidenta, Pilar García Negro, na que solicita que se faga efectiva esta iniciativa para dedicar o próximo ano a celebrar como se merece á figura de Carvalho Calero.

"A excepcionalidade de tal medida está máis que xustificada polo excepcional e grave da situación que estamos a padecer", sinala, tendo en conta o gran abanico de actos que sempre acompaña á conmemoración do 17 de maio, máis aló daquelas iniciativas que poidan aprazarse para finais deste ano.

Ricardo Carvalho Calero. REMITIDA - Arquivo
Ricardo Carvalho Calero. REMITIDA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 4Jgp

No ano 2021 tocalle a outros autores, non hai que monopolizar.