Material da industria alimentaria servirá para detectar o COVID-19

O Centro Tecnolóxico da Carne (CTC) cédelle ao CHUO un equipo para facer probas de detección do COVID-19.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/04/2020 | Actualizada ás 13:23

Comparte esta noticia

O Centro Tecnolóxico da Carne (CTC), con sede en San Cibrao das Viñas, cedeu ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) un equipo de PCR (reacción en cadea da polimerasa) cun sistema en tempo real, para a realización de probas de detección do virus COVID-19.

A cesión do devandito material, pertencente ao Laboratorio de Bioloxía molecular do Centro Tecnolóxico da Carne, manterase "polo tempo que se considere necesario e de acordo coas instrucións que se diten por parte das autoridades sanitarias en relación ao coronavirus", segundo un acordo asinado por ambas as partes.

A medida foi adoptada por parte dos responsables do CTC tendo en conta "as necesidades do Servizo de Microbioloxía do complexo hospitalario de Ourense" e en base ao Real Decreto do estado de alarma, do pasado 14 de marzo, para a xestión da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

Esta iniciativa súmase tamén á colaboración establecida entre o Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia (Lapasaga), dependente de Medio Rural e con sede en Lugo, e o Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) para a realización do test diagnósticos de detección do coronavirus.

Feijóo, e os conselleiros do Medio Rural e Industria visitan o Centro Tecnolóxico da Carne
Feijóo, e os conselleiros do Medio Rural e Industria visitan o Centro Tecnolóxico da Carne | Fonte: xunta.gal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta