O tráfico por estrada caeu un 92% o Domingo de Resurrección en Galicia

O retroceso é similar á media de caída no Estado, do 91,23%.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/04/2020 | Actualizada ás 16:43

Comparte esta noticia

O tráfico por estrada caeu en Galicia un 92% o Domingo de Resurrección, 12 de abril, en comparación cun domingo calquera (non de Semana Santa), segundo os datos feitos públicos este luns pola Dirección Xeral de Tráfico (DXT). O retroceso é similar á media de caída no Estado, do 91,23%. O tráfico de vehículos pesados descendeu un 55% en Galicia, mentres a diminución en España foi do 61%.

Túnel da Avenida de América baleiro o día no que se reactiva a actividade laboral non esencial cando se cumpre un mes desde o inicio do estado de alarma, en Madrid (España) a 13 de abril de 2020.. EDUARDO PARRA / EUROPA PRESS / Europa Press
Túnel da Avenida de América baleiro o día no que se reactiva a actividade laboral non esencial cando se cumpre un mes desde o inicio do estado de alarma, en Madrid (España) a 13 de abril de 2020.. EDUARDO PARRA / EUROPA PRESS / Europa Press

No Estado, neste quinto domingo en estado de alarma producíronse 106.118 movementos de longo percorrido polas vías competencia da DXT, un dos datos máis baixos desde que se decretou o confinamento o pasado 14 de marzo. Nun domingo equivalente, produciríanse 1.209.656 viaxes.

Dos 106.118 vehículos que circularon este domingo que marcou a fin de Semana Santa, 55.293 foron vehículos lixeiros (turismos, motos), o que supón un descenso do 94,87% con respecto a un domingo equivalente, día en que circularían polas estradas 1.077.300 vehículos.

Con respecto a camións e transporte de mercadorías, este domingo circularon polas estradas 50.825 vehículos (o 47,89% do total de movementos por estrada), rexistrando tamén unha das cifras máis baixas desde que España está en estado de alarma.

Igualmente, viuse afectado considerablemente o tráfico fronteirizo polas restricións á mobilidade, rexistrándose un descenso do 94,38% con respecto a un domingo calquera. En concreto, baixou o tráfico un 94,60% no caso da fronteira con Francia e un 94,16% na fronteira con Portugal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta