VÍDEO: Fabricando luz desde o rural en tempos confusos

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 13/04/2020 | Actualizada ás 19:11

Comparte esta noticia

O proxecto Boa Vida no Rural que se desenvolve en Pontedeva e Padrenda fixo un vídeo colaborativo entre veciños que con moito amor queren que chegue a todo o mundo que lle poida vir ben un pouco de luz nestes tempos confusos.

Fabricando luz no rural
Fabricando luz no rural | Fonte: Asociación Boa Vida

Dende este proxecto seguen acompañando á comunidade, especialmente a quen máis o necesita, persoas maiores que viven soas e/ou necesitan apoio e escoita, así como a todos os axentes sociais que continúan traballando neste momento. Para iso habilitaron o teléfono 604 23 72 44 onde calquera persoa da zona pode chamar para compartir, falar, resolver dúbidas sobre axudas ou calquera outra cuestión.

Á súa vez, mantense o traballo co grupo de mozas e mozos Compartimos Lecer, buscando novas opcións para verse a través de aplicacións, así como impulsando diferentes actividades e propostas comunitarias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta