A ministra de Traballo alza Inditex como "un exemplo" para outras empresas

Yolanda Díaz celebra que Inditex descarte un ERTE e asegura que é unha "gran empresa".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/04/2020 | Actualizada ás 21:44

Comparte esta noticia

A ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, celebrou a decisión de Inditex de descartar un Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) para os seus traballadores este mes de abril, describindo a compañía como "un exemplo" para o resto de empresas do estado.

En declaracións a RNE recollidas por Europa Press, Díaz, unha das ministras de Unidas Podemos no Goberno de coalición de Pedro Sánchez, destacou que é "moi importante" que a empresa fundada por Amancio Ortega "dixera que hai moitas formas de facer as cousas".

Neste sentido, sinalou que é "saudable" a decisión tomada por Inditex de seguir sufragando o salario dos seus traballadores con recursos públicos, a pesar de que todas as súas tendas se atopan pechadas polo estado de alarma.

De feito, Díaz aplaudiu a decisión do xigante téxtil xa que, pola contra, suporía unha gran utilización de recursos públicos para pagar a prestación por desemprego dos 50.000 traballadores cos que a empresa conta en España.

A ministra lembrou que non só é galega, do mesmo xeito que Inditex, senón que tamén é consumidora dos produtos de Zara, e asegurou que unha "gran empresa" como esta "pode aguantar moito máis".

A ministra de Traballo, Yolanda Díaz, ofrece un discurso durante o pleno celebrado este xoves pola tarde no Congreso dos Deputados para aprobar reais decretos. En Madrid, (España), a 9 de abril de 2020.. Pool
A ministra de Traballo, Yolanda Díaz, ofrece un discurso durante o pleno celebrado este xoves pola tarde no Congreso dos Deputados para aprobar reais decretos. En Madrid, (España), a 9 de abril de 2020.. Pool | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta