La Voz de Galicia pídelle aos traballadores non cobrar unha paga a cambio de non ir ao ERTE

A empresa coruñesa asegura que se trata dunha paga de benficios. Este xornal é o máis subvencionado pola Xunta.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 15/04/2020 | Actualizada ás 13:51

Comparte esta noticia

La Voz de Galicia pídelle aos seus traballadores que reenuncien ao a un salario para evitar ir a un ERTE.  Unha petición que entra dentro dun “plan de choque” para afrontar a crise do coronavirus e que podería non quedar exenta doutras medidas futuras. Dentro destas medidas, o medio tamén prescindiu dos colaboradores externos.

Sede de La Voz de Galicia en Sabón, A Coruña
Sede de La Voz de Galicia en Sabón, A Coruña | Fonte: lourdesvirtual.com

Así, o deu a coñecer o Comité Intercentros deste medio de comunicación tras manter na tarde do martes unha reunión telemática coa dirección da empresa. “Á parte doutras medidas a empresa propón aos seus traballadores renunciar á aplicación dun ERTE a cambio da paga de abril que, como sabedes, responde á maior parte da devolución da minoración salarial do 2019”, recolle o escrito que o comité lle remitiu ao conxunto dos traballadores.

A proposta supón a devolución en tres prazos (nóminas de abril, maio e xuño) da cantidade que se lle ingresou aos traballadores o 6 de abril. “Aos que quedaron exentos da minoración aplicaráselles unha rebaixa do 2 % até final de ano”, engade. 

A empresa puntualizou a Galicia Confidencial que non se trata dunha nómina mensual, senon que o que se devolve é unha "paga de beneficios". "O que se trata é de devolver unha paga de beneficios que xa se nos fixo en abril e que é casi o 60 por cento do total da paga de beneficios: o outro 40 derenolo en xaneiro. O mes de abril claro que se paga", indican.

O comité considera a proposta un “punto de partida nunha negociación que, necesariamente, deberá ser rápida”. Con todo, advirte que a formulación “é insuficiente” se non vai acompañada doutras contrapartidas xa que a empresa,di, “só se compromete a mellorar as porcentaxes de devolución da minoración actualmente en curso para a hipotética devolución do ano que vén”-

O órgano de representación dos traballadores anuncia que a proposta será estudada e consultada con asesores e que en vindeiros días fará unha cotraoferta. “O compromiso do comité, como é habitual, é que, sexa cal for o acordo que se adopte, deberá ser primeiro explicado (a través de asembleas telemáticas) e posteriormente ratificado polo persoal a través dunha votación”, engade o comunicado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

10 Gamela

As RATAS do Faro de Vigo seguen a facer negocio co Coronavirus! Logo se queixarán os ERTEs e dos despedimentos de persoal ! https://www.farodevigo.es/sociedad/...

9 Gamela

El Pais cierra filas con el Gobierno autoritario de Pedro Sánchez (eliminando definitivamente los comentarios y valorando a las Comunidades Autónomas en función de su ADHESIÓN a los Principios Fundamentales del Confinamiento!) No que lle toca a Galicia esta é a situación: Feijoo... en menos de una semana de estado de alarma para cargar contra la gestión de Pedro Sánchez. Sus críticas han hecho saltar por los aires el silencio de la oposición autonómica. PSdeG-PSOE, Galicia en Común y BNG sostienen que el líder del PP está usando el estado de alarma para hacer campaña. El PP no da tregua y aseguró ayer que Sánchez “ha aprovechado la pandemia para acelerar” el cierre de una central térmica // Comentarios Pechados // https://elpais.com/espana/2020-04-2...

8 Gamela

Hai tempo que FdV e LVG teñen activados os muros de pago (a pesares de seren os medios máis subvencionados de Galicia) pero nos últimos días de confinamento estou vendo algúns cambios na política de COMENTARIOS de El Pais (antes permitían comentarios en calquera noticia, agás as de Opinión) agora son moi limitadas as entradas que admiten comentarios! En canto remate o estado de alarma El Pais tamén abrirá o seu muro de pago ! Pregúntome se imos pagar DÚAS VECES pola mesma información ? Gostaríame saber se este comentario é visible para calquera lector ou está restrinxido aos lectores rexistrados? https://elpais.com/Comentario/15874... Se alguén pode responder agradecido !

7 Manuel..

A ver si hai sorte, e o comité vota polo ERTE. Un enemigo menos!. .Mais espazo pos demais!

6 machelas

As cogorzas de Santiago non se pagan soas