O presidente da Xunta pon en dúbida que Rajoy saltara o confinamento ao facer deporte

Cre que "o mellor" é "preguntarlle" a el se vulnerou as restricións do estado de alarma.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/04/2020 | Actualizada ás 16:43

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, defendeu que as normas "son iguais para todos", pero matizou que, no caso do expresidente Mariano Rajoy, "o primeiro", antes de calquera outra manifestación, "é saber se se saltou ou non" o confinamento, polo que avogou por "preguntarlle" directamente.

Así o trasladou, a preguntas dos xornalistas, un día despois de que o ministro do Interior, Fernando Grande Marlaska, confirmase que se está investigando para comprobar se é certo que o expresidente do Goberno Mariano Rajoy salta o confinamento para facer exercicio.

O ministro respondeu así por mor dunha información e unhas imaxes publicadas pola Sexta nas que se ve ao exjefe do Executivo en plena rúa vestido con roupa deportiva, un pantalón negro de chándal e un chubasquero nas inmediacións do seu domicilio en Madrid.

"PREGUNTARLLE"

"O primeiro é saber se se saltou ou non o confinamento e o mellor que podemos facer é preguntarlle se isto é así. Eu non teño información", dixo, pola súa banda, sobre esta cuestión, o presidente galego.

Dito isto, defendeu que "as normas son iguais para todos os cidadáns españois: para os que forman parte do Goberno, os que estamos no Goberno ou os que o estiveron".

Rajoy facendo exercicio en pleno confinamento
Rajoy facendo exercicio en pleno confinamento

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Fanheca

Vou preguntarlle. -Señor M. Rajoy saltou vostede o confinamento?? -No se de qué me habla, ni sé quién es ese tal M. Rajoy.