Pospoñen a Semana Verde de Galicia deste ano para o 2021

Terá lugar do 3 ao 6 de xuño de 2021. A USC abre unha nova liña de investigación contra a COVID-19.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/04/2020 | Actualizada ás 19:04

Comparte esta noticia

A Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia decidiu pospor a 2021 a edición deste ano, prevista para a primeira semana de xuño no recinto feiral de Silleda.

Semana Verde. SEMANA VERDE - Arquivo
Semana Verde. SEMANA VERDE - Arquivo | Fonte: Europa Press

Ante a "incerteza" xerada pola crise sanitaria do coronavirus, a Fundación Semana Verde acordou aprazar ao próximo ano a 43ª edición da feira, que terá lugar do 3 ao 6 de xuño de 2021. A Fundación resalta que a decisión radica en motivos de "responsabilidade social e economómica" ante a emerxencia sanitaria e empraza a "centrar esforzos en facer unha gran edición" da feira en 2021, ano Xacobeo e no que se cumpren 25 anos da inauguración do recinto de Silleda.

No comunicado, apuntan que a posibilidade de mover a cita a outra data este ano contaba cos inconvenientes da "incerteza" sobre a evolución da crise e que esta puidese ter impacto en que a feira, que o pasado ano tivo 128.000 visitantes, non puidese celebrarse "con normalidade". Deste xeito, segundo a opinión solicitada entre as empresas, a Fundación sinala que estas cren que a súa participación estaría no aire ata o último momento, o que suporía un impacto na organización do evento.

Por outra banda, no misom comunicado, a Fundación Semana Verde tamén informa que a feira Enexétika, prevista para medidados de marzo pero que tivo que ser suspendida, decidirá a nova data para a súa celebración "cando a situación relativa á crise sanitaria se normalice". Así, afirma que os expositores que confirmaran a súa presenza na feira trasladaron a súa intención de participar na cita nas novas datas que a organización decida.

USC MICROMECENADO

Plataforma de Micromecenado da Universidade de Santiago 'Sumo Valor' abriu unha nova liña destinada a "acelerar o proceso de investigación contra a COVID-19", tal e como explicou este mércores o reitor, Antonio López.

A finalidade desta campaña é conseguir fondos para fomentar e reforzar diversas liñas de investigación actuais relacionadas co SARS-CoV-2, integrando áreas de coñecemento diversas. Así, os fondos captados destinaranse a sistemas de detección do virus en diferentes matrices, investigación en vacinas, análises dos impactos económicos, modelización da pandemia e estudos epidemiolóxicos.

Os grupos de investigación, lembrou o reitor, "solicitan financiamento externo a diferentes entidades", pero "esas convocatorias poden tardar meses en resolverse". "Con esta liña de micromecenazgo, pretendemos lograr que os nosos equipos dispoñan xa de recursos para a fase inicial das súas investigacións", engadiu.

A través desta iniciativa, a USC quere conseguir ata 100.000 euros, que servirán para acometer traballos en diferentes áreas de coñecemento. O prazo para realizar doazóns termina o 31 de xullo de 2020.

DEBATE SOBRE A XESTIÓN DA PANDEMIA

O ciclo de relatorios en liña promovido polo Campus da Cidadanía da USC para achegar á sociedade unha visión multidisciplinar da Covid-19 e dos efectos que está a provocar esta pandemia, continúa este xoves, a partir das 18,00 horas, cunha nova sesión a cargo de Antón Losada, profesor de Ciencia Política e Socioloxía da USC, que ofrecerá a conferencia 'Xestión de crise, COVID-19 e profetas do pasado'.

A intervención de Antón Losada poderá seguirse a través dunha ligazón aberta ao público en xeral na plataforma Microsoft Teams. O esquema das videoconferencias programadas, que arrincou Juan Gestal, contempla, ao final de cada intervención, o desenvolvemento dun foro de debate virtual no que as persoas rexistradas como público poderán formalizar as preguntas que estimen oportuno.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta