A confianza empresarial esborrállase en Galicia un 24,3% no segundo trimestre polo coronavirus

O 72,3% dos empresarios son pesimistas para o próximo trimestre.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 16/04/2020 | Actualizada ás 11:05

Comparte esta noticia

O indicador de confianza empresarial harmonizado esborrallouse un 24,3% no segundo trimestre de 2020 en Galicia en relación ao trimestre anterior, aínda que os datos galegos melloran á media estatal, que cae ao 26,9%.

Os datos que publica este xoves o Instituto Nacional de Estatística (INE) están baseados nunha enquisa elaborada entre o 16 de marzo e o 3 de abril, cando xa fora declarado o estado de alarma para combater a expansión do coronavirus.

Respecto ao primeiro trimestre, a confianza caeu un 24,3% entre os empresarios galegos, que encaran con pesimismo tamén o terceiro trimestre de 2020. Con todo, Galicia é a terceira comunidade con menor descenso no volume de confianza, aínda que todas as autonomías presentan caídas de máis do 20%, sendo Murcia a que mellores datos presenta (-22,8%) mentres que Cataluña sitúase no outro extremo (-30,2%).

Así, só un 3,7% móstranse optimistas polo 72,3% que ven malas perspectivas para os seus negocios nos próximos meses. Pola súa banda, o 24% dos empresarios din ter expectativas normais para o terceiro trimestre do ano.

CONXUNTO DO ESTADO

O Indicador de Confianza Empresarial Harmonizado (ICEA), cuxa publicación corresponde ao Instituto Nacional de Estatística (INE), esborrallouse un 26,9% no segundo trimestre deste ano en relación ao trimestre anterior, ata situarse nos niveis máis baixos da serie, iniciada en 2013.

Con este retroceso da confianza no segundo trimestre encadéanse tres trimestres en negativo despois de que no último trimestre de 2019 e o primeiro de 2020 este indicador caese un 2,9% e un 0,4%, respectivamente.

A caída da confianza empresarial rexistrada no segundo trimestre débese tanto ao forte empeoramento do indicador de expectativas, como ao descenso rexistrado polo indicador de situación.

Indicador de confianza empresarial harmonizado en Galicia durante o segundo trimestre de 2020. EPDATA
Indicador de confianza empresarial harmonizado en Galicia durante o segundo trimestre de 2020. EPDATA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta