O Goberno loa o "esforzo" e "responsabilidade" de Inditex na crise

A titular de Facenda fala dun "comportamento exemplar" da empresa fundada por Ortega.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 16/04/2020 | Actualizada ás 20:20

Comparte esta noticia

O Goberno agradeceu a Inditex o seu "esforzo" e "responsabilidade" durante a crise do coronavirus ao garantir o emprego dos seus traballadores, descartando acollerse a un Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE), e pola súa contribución á sociedade con material para combater a pandemia.

"Agradecer a Inditex o seu esforzo durante esta pandemia e o comportamento exemplar dunha empresa tan importante, xa que a pesar de prolongarse o estado de alarma, non tomarían esa decisión (aplicar un ERTE)", asegurou a portavoz do Goberno, María Jesús Montero.

A titular de Facenda destacou que o xigante téxtil, que ten todas as súas tendas pechadas polo estado de alarma, está a manter os postos de traballo desde "unha responsabilidade corporativa".

Así respondeu Montero ao ser preguntada por se o Goberno contempla aprobar un imposto ás grandes fortunas para facer fronte á crise actual e despois de que o xornalista mencionase a Amancio Ortega como un dos españois máis ricos do mundo, segundo a revista Forbes.

Montero subliñou que a empresa fundada por Ortega tamén destacou nestas semanas polas doazóns de material, a posta a disposición da súa loxística e o seu "comportamento exemplar" para o conxunto do estado. "Con iso creo que o digo todo", recalcou.

Amancio Ortega (arxiu). AMANCIO ORTEGA
Amancio Ortega (arxiu). AMANCIO ORTEGA | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta