Segue subindo a porcentaxe de maiores mortos de residencias, xa son o 44% do total

Os familiares denuncian que a Xunta non facilite o número de mortos totais por centro.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 16/04/2020 | Actualizada ás 22:02

Comparte esta noticia

Xa son 181 os maiores usuarios de residencias mortos nos propios centros ou nos hospitais. Un cifra dramática que vai en aumento día a día e que xa supón case o 44% dos 415 mortos por coronavirus rexistrados oficialmente, a pesar de que a Xunta insista en que o índice de contaxio nestes centros é dos máis baixos do Estado.

Respiradores ou equipos de Respiración instalados nas UCIS para facer fronte ao coronavirus
Respiradores ou equipos de Respiración instalados nas UCIS para facer fronte ao coronavirus | Fonte: EFE

Sanidade sinalou este xoves que, ademais dos 95 falecidos en residencias de maiores, hai outras 86 persoas vinculadas a centros residenciais que morreron, ou ben en hospitais, ou ben en residencias integradas.

Este mércores eran tres persoas en centros xeriátricos as que falecían.  Non se poderán coñecer máis datos ata ás 12.00 horas deste venres cando Política Social remita o novo balance de mortos a Sanidade. Dos tres falecidos, dous eran residentes no centro Claudina-Somoza da Coruña e dun terceiro, na residencia de San Pedro de Crecente.

DOMUSVI SAN LAZARO, DOMUS VI CANGAS E A NOSA SEÑORA DA ESPERANZA

Desde que empezou a pandemia morreron 20 maiores dentro do centro DomusVi de San Lázaro, 18 no DomusVi de Cangas, outros 18 na residencia A nosa Señora da Esperanza, 10 na DomusVi do barrio vigués de Barreiro, e tres na residencia Moledo (Vigo). Estes catro centros son os epicentros das mortes de maiores en Galicia. Son só os falecidos nos centros, xa que hai que computar a maiores os que morren nos hospitais e que proceden destes centros e que a Xunta négase a facilitar a pesar da petición da asociación de familiares.

Tamén se produciron 7 no Portazgo (A Coruña), un no Fogar Bellolar, outro na residencia de Castro Caldelas, 3 en Remanso Claudina-Somoza (A Coruña), 3 na DomusVi Matogrande (A Coruña), un na Caser A Zapateira (Culleredo), un en San Carlos de Celanova, dous na residencia Divino Maestro (Ourense), dous na residencia San Pedro de Crecente, dúas nas Fragas de Pontedeume, un na residencia de Bande, un na de Foz e outro na nosa Señora de Fátima (Barco de Valdeorras).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta