'Cagho no virus': así soa a nova canción sobre o coronavirus que vira polas redes

Son bos tempos para a creación artística.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/04/2020 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Unha canción dedicada "para todos nós". Así presentan Gabril Varela como voz principal e Emilio Camaselle como compositor, esta nova peza que, ademais, conta con interpretación en linguaxe de signos da man de Iván Troncoso. Os coros, doutra banda, van a cargo de Keren Hapuc.

Un momento da canción 'Cagho no virus' / YouTube Un momento da canción 'Cagho no virus' / YouTube
Un momento da canción 'Cagho no virus' / YouTube Un momento da canción 'Cagho no virus' / YouTube

Mesma loita por un mal descoñecido, / tocou en todo o mundo por igual, / sen ter en conta a cor da sua bandeira, / xuntounos como pobo pra loitar. Unha mensaxe de ánimo e de esperanza que resoa ao longo destes catro minutos de música, onde se van sucedendo imaxes de diferentes familias e amizades, de casa en casa. 

Sempre presta botar man de novas referencias musicais para levar mellor estes días de confinamento. Eis "Cagho no virus":

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta