Temas: HUMOR XORNALISMO

Siro López, premio Alvite 2020 da Asociación de Xornalistas de Galicia

Siro López Lorenzo comezou a súa traxectoria como pintor e debuxante autodidacta, pero pronto ampliou os seus horizontes cara ao humor gráfico, o xornalismo ou a caricatura política.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/04/2020 | Actualizada ás 15:40

Comparte esta noticia

A Asociación de Xornalistas de Galicia (APG) outorga o Premio Alvite 2020 ao humorista gráfico, caricaturista, articulista e ensaísta Siro López Lorenzo (Ferrol, 1943). Segundo informa nun comunicado, o acto de entrega estaba previsto para o 4 de maio, pero a crise do coronavirus obriga a aprazar a data ata que sexa posible levalo a cabo no salón de actos do ONCE, na Coruña.

A Asociación de Xornalistas de Galicia considerou que a traxectoria profesional de Siro como articulista e caricaturista "cumpre amplamente" coas condicións para ser recoñecido co Premio José Luís Alvite no seu V Edición.

Siro López Lorenzo comezou a súa traxectoria como pintor e debuxante autodidacta, pero pronto ampliou os seus horizontes cara ao humor gráfico, o xornalismo ou a caricatura política, xénero que o achegou ao gran público grazas ás viñetas diarias que publicou durante máis de 20 anos no xornal La Voz de Galicia. Tamén destacou na súa faceta de articulista de opinión que continúa realizando actualmente no mesmo periódico.

É a quinta edición deste premio, que comezou coa entrega a José Luís Barreiro Rivas (2016), ao que seguiron: Ánxel Vence (2017), Pepe Cora (2018), Carlos Luís Rodríguez o pasado 2019. O premio está exento de dotación económica e consiste nunha figura conmemorativa.

O debuxante Siro López. ASOCIACIÓN DE XORNALISTAS DE GALICIA
O debuxante Siro López. ASOCIACIÓN DE XORNALISTAS DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Temas: HUMOR XORNALISMO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta