A concesionaria do bus urbano en Santiago aplicará un ERTE logo de ser aprobado pola Autoridade Laboral

UGT quéixase de que a CIG, sindicato maioritario en Tralusa, utilizase "o camiño da denuncia de maneira indiscriminada e precipitada" no canto de recorrer á "vía de diálogo".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/04/2020 | Actualizada ás 16:22

Comparte esta noticia

A Autoridade Laboral concedeu luz verde á UTE Tralusa, do grupo Monbus e concesionaria do transporte urbano de Santiago, para levar a cabo un Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE).

Diso informa UGT este venres nun comunicado, no que se queixa de que a CIG, sindicato maioritario en Tralusa, utilizase "o camiño da denuncia de maneira indiscriminada e precipitada" no canto de recorrer á "vía de diálogo". No seu día, a CIG anunciou que o comité de empresa presentaba denuncia do ERTE con 28 traballadores afectados ante Inspección de Traballo polo seu "uso fraudulento".

"Resulta evidente que se na actualidade tivésemos esa vía de diálogo poderíanse negociar moitas das cuestións que están encima da mesa como pode ser o persoal afectado, a adecuación de postos, un complemento ao desemprego", lamenta UGT este venres.

"As guerras de egos non son intelixentes, pero, como neste caso, pagámolas todas as persoas traballadoras", censura UGT. Con todo, mostra a súa vontade de negociar no seo interno do comité para que "flúa o diálogo coa empresa e, en base a iso, poder alcanzar algún acordo de mellora, por mínimo que sexa".

Autobús urbano en Santiago de Compostela. EUROPA PRESS - Arquivo
Autobús urbano en Santiago de Compostela. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta