O plan que dá liquidez a pemes e autónomos recibe máis de 1.400 peticións para préstamos por 106 millóns

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/04/2020 | Actualizada ás 18:48

Comparte esta noticia

Un total de 1.429 autónomos e pemes galegas presentaron solicitudes para acollerse ás axudas da nova liña de avais activada pola Xunta co obxectivo de inxectar liquidez ao tecido produtivo galego para que poida facer fronte ás consecuencias provocadas na súa actividade empresarial pola crise da COVID-19.

Alberto Núñez Feijóo preside a reunión do Consello
Alberto Núñez Feijóo preside a reunión do Consello | Fonte: Europa Press

As solicitudes formuladas ata o momento, de cumprir os requisitos da convocatoria, permitirían a concesión de 106 millóns de euros en préstamos para que as empresas e o colectivo de autónomos de Galicia atendan as súas necesidades "máis inmediatas", como o pago de salarios, facturas, alugueres ou impostos.

Cumpridas as dúas primeiras semanas desde que se abriu a convocatoria, con máis da metade das solicitudes, o 52,8% do total, A Coruña é a provincia galega na que un maior número de autónomos e pemes tramitaron as axudas. Séguelle a provincia de Pontevedra, co 27,6%.

A continuación, sitúanse as provincias de Lugo, co 12,3%; e Ourense, onde os profesionais e empresarios que solicitaron ava representan o 6,7% do total da comunidade.

Por sectores, destaca o comercio por xunto e comerciante polo miúdo, con 321 solicitudes, é dicir, o 22,4% do total. Con 169 (o 11,8%9 sitúanse os autónomos e pemes dos servizos de comidas e bebidas, e séguelles a construción, con 105 solicitudes, un 7,3% do conxunto. Mentres, o transporte terrestre representa o 4,6% do total.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta