Alertan da presenza de persoas en Santiago que finxen facer tests da COVID-19 para roubar en casas

O Concello fala dun grupo criminal que ademais tamén di ofrecer luvas e alimentos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/04/2020 | Actualizada ás 12:57

Comparte esta noticia

O concelleiro de Seguridade Cidadá de Santiago, Gonzalo Muíños, alerta aos veciños sobre "un pequeno grupo" de persoas que entran en vivendas coa escusa de que ofrecen as probas do coronavirus ou de que entregan alimentos ou luvas.

Control policial en Santiago de Compostela poloEstado de Alarma decretado pola expansión do coronavirus en España.
Control policial en Santiago de Compostela poloEstado de Alarma decretado pola expansión do coronavirus en España.

O edil lanza un aviso á cidadanía compostelá, "sobre todo a esa xente que vive soa, xente maior, as persoas máis vulnerables" ante estes enganos.

Precisamente a este grupo diríxese Muíños para pedirlle "que non fagan caso" destes ofrecementos e de que, "no caso de que teñan algún problema", se poñan en contacto co Concello a través do teléfono 010, coa Policía Local e coa Policía Nacional.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta