Acusan á Xunta de improvisar por trasladar maiores contaxiados dos hospitais ás residencias de orixe

O BNG de Celanova critica que un dos maiores que estaba sendo tragado no CHOU foi movido á residencia de San Carlos a pesar de ter fracturada unha cadeira e non a de Baños de Molgas, habilitada pola Xunta para estes casos.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 18/04/2020 | Actualizada ás 20:06

Comparte esta noticia

O BNG de Celanova denuncia o desleixo da Área Sanitaria de Ourense na xestión do brote de covid-19 na Residencia San Carlos deste concello e “a absoluta falta de previsión e improvisación constante no continuo tránsito de residentes contaxiados” entre a residencia, o centro intermedio de Baños de Molgas e o CHUO. “O SERGAS non só eludiu a súa responsabilidade de intervir na San Carlos, que foi a primeira residencia do país na que saltaron as alertas, e insistiu nese abandono de responsabilidades, senón que agora está a actuando con imprudencia e aumentando a incerteza entre familias,entre as traballadoras e entre os propios residentes”, manifesta Leopold oRodríguez, portavoz do BNG en Celanova nun comunicado.

Un operario con traxe de desinfeccion na Residencia de anciáns San Carlos de Celanova en Ourense -foco principal de contagios do Covid-19 ata agora na provincia galega- en Celanova (Ourense, Galicia, España), a 24 de marzo de 2020.. Rosa Veiga - Europa Press
Un operario con traxe de desinfeccion na Residencia de anciáns San Carlos de Celanova en Ourense -foco principal de contagios do Covid-19 ata agora na provincia galega- en Celanova (Ourense, Galicia, España), a 24 de marzo de 2020.. Rosa Veiga - Europa Press

As nacionalistas revelan que o SERGAS retornou un paciente, positivo de covid19, á residencia San Carlos de Celanova. O home, que levaba desde principios de abril ingresado no CHUO, volveu para a residencia a mediados desta semana. Mantense como positivo e, ademais, sofre unha fractura de cadeira, que se produciu precisamente o día no que ía ser trasladado e da que non puido ser operado.

TRASLADOS AO REVÉS

“Até o momento producíranse traslados de casos de covid da residencia cara o CHUO; da residencia cara a Baños de Molgas; e o regreso de negativos do CHUO á residencia ou desde Baños de Molgas á residencia; mesmo houbo algún caso de traslado do CHUO a Baños de Molgas”, denuncian os nacionalistas. “O tráfico tivo, até hoxe, sempre o mesmo sentido: sacar positivos da residencia de Celanova e levalos para o CHUO ou para Baños; e devolver negativos, en teoría inmunizados, a Celanova”, explica Leopoldo Rodríguez.

“Mais isto é novo,parece froito do descontrol no que seguen a incorrer as autoridades sanitarias con Celanova, unha improvisación contraditoria co protocolo que aconsellou trasladar 33 pacientes entre o 24 e 27 de marzo cara a Molgas”. Na Residencia de Celanova continúan a convivir negativos con positivos. O número de infectados non variou, segundo as cifras que reporta cada día Política Social, xa que unha das covid que permanecían no centro desde o principio deu negativo na segunda proba, realizada a este grupo esta semana.

En Baños de Molgas, segundo as cifras de Política Social, permanecen 10 residentes de Celanova con positivo; e hai outros 3 que seguen ingresados no CHUO.

TRABALLADORAS CON POSITIVO

Por outra banda, o BNG coñeceu este sábados que ademais da traballadora que deu positivo o luns, algunhas outras do grupo de 17 que se someteron aos test de contraste esta semana,  “tamén deron positivo”

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 PacoRoque

A Residencia San Carlos vén de informar dunha nova vítima. É a 7ª morte na Residencia de Celanova dun contaxiado por covid.