A Xunta obrigará ao persoal da Atención Primaria a facer os estudos epidemiolóxicos

Di que os centros de saúde están agora menos saturados porque a maior parte das consultas son telefónicas. Defende a validez deste estudo fronte ao anunciado por Sánchez.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 19/04/2020 | Actualizada ás 13:18

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, defendeu este domingo, durante a videoconferencia co presidente Pedro Sánchez, o estudo epidemiolóxico que prepara o Servizo Galego de Saúde (Sergas) e garantiu que os resultados "serán compartidos co Goberno". Un estudo que dixo, será encargado aos profesionais da Atención Primaria, especialmente, ao colectivo de enfermaría.

Unhas mans con luvas azuis suxeitan un test. CONCELLO DE ZARAGOZA
Unhas mans con luvas azuis suxeitan un test. CONCELLO DE ZARAGOZA | Fonte: MIGUEL G. GARCÍA

Na rolda de prensa telemática tras participar ca conferencia entre Sánchez e os presidentes autonómicos, Feijóo dixo que os profesionais da Atención Primaria poden "asumir" o número de test que se teñen que realizar, arredor de 100.000. Así, xustificou que, ademais, desde o inicio da crise, estes profesionais teñen menos traballo porque a a xente xa non acode aos centros de saúde. "A xente está a utilizar a atención telefónica", dixo.

"Por iso é normal que enfermería e atención primaria faga estas probas. E se hai que ampliar algunha plantilla por suposto que o fariamos, sobre todo, se temos capacidade para facelo", indicou ao tempo que lembrou que a Xunta xa fixo "centenares" de contratos para afrontar a pandemia.

O presidente galego anunciou que este estudo comezará o vindeiro venres e que os resultados estarán listos entre as 24 e 48 horas. E, neste sentido, indicou que servirán para saber como hai que facer a "desescalada" desta crise. "Te esta información epidemolóxica será fundamental para que o desconfinamento se faga por territorio e se faga de xeito diferente por territorios", matizou.

Así, apostou por traballar coa mesma metoloxía que o estuido do Goberno central, "sempre e cando estea nesta semana".  "Se non xo facemos con metolodoxía propia", engadiu ao tempo que criticou que a Universidade Carlos III sexa a encargada de coordinar o estudo anunciado por Sánchez. Este sábado o presidente do Executivo central pediu "con todo o respecto" á Administración galega que deixase ao Estado facer a súa análise de prevalencia serolóxica. Con todo, este domingo Feijóo suliñou que Sánchez non lle dixo nada no encontro cos presidentes.

"MÁIS INFORMACIÓN"

O presidente da Xunta tamén solicitou a Sánchez "máis información" sobre o horizonte da desescalada do confinamento para "dar certeza" ás familias, aos traballadores e aos axentes económicos.

De acordo coas mesmas fontes, o titular do Executivo galego volveu pedir que se achegue "toda a información e un protocolo de datos claro", mentres que no plano económico reiterou "a necesidade de medidas para dar liquidez a empresas e cidadáns".

Neste sentido, durante a súa intervención na videoconferencia, citou medidas como axilizar o pago da devolución do IVE e a provedores, así como aprazar o pago de impostos e baixar o IVE das máscaras.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Chimichurri

Mimá un estudo feito polo Sergas, a empresa que despide enfermeiras infetadas e as ten contratadas en precario. Pobres galegos se esa xentiña fai o estudo!!!!