PSdeG: "Cada día sen usar os test rápidos enviados a Galicia é un día desperdiciado"

Gonzalo Caballero pide a Feijóo que recoñeza a utilidade destes test remitidos polo Goberno central e o BNG pide un protocolo para as máscaras. Póntón reclama unha repartición gratuíta entre a poboación.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/04/2020 | Actualizada ás 15:21

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, instou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a recoñecer a utilidade do "110.000" test de diagnóstico rápido remitidos polo Goberno central a Galicia e que "permiten saber se a poboación tivo o virus e se xerou anticorpos".

Así se pronunciou nunha rolda de prensa telemática ofrecida este luns e despois de que Núñez Feijóo anunciase o venres que a Xunta realizará un estudo epidemiolóxico con 100.000 probas aos galegos, unha mostra para a que utilizará test remitidos polo Executivo estatal e que foron criticados pola Administración autonómica por considerar que estes non servían para "facer un diagnóstico fiable".

Respecto diso, Gonzalo Caballero sostivo que cando "di que vai utilizar este test de diagnóstico rápido", Feijóo "está a recoñecer a súa "utilidade e validez". Por iso, emprazou ao máximo mandatario autonómico a "ser leal" con en Goberno de España e a "estar á altura" e "recoñecer a importancia deste 110.000 test".

"Pasaron xa dúas semanas de que empezaron a chegar este test e cada día sen usalos é un día desperdiciado", incidiu o socialista, que subliñou que a Xunta debe trasladar que "teñen unha utilidade clara" e que son "un instrumento útil".

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, na rolda de prensa remitida aos medios. PSDEG
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, na rolda de prensa remitida aos medios. PSDEG | Fonte: Europa Press

BNG

Pola súa banda, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, esixiu un protocolo galego propio para o uso de máscaras que, a xuízo dos nacionalistas, debe de ser "obrigatorio". Ademais, pediu que, para "garantir" a saúde pública, este uso "xeneralizado" debe facerse seguro coa "distribución gratuíta" deste material.

"Non pode ser unha recomendación do Goberno, debe ser obrigatorio mentres haxa risco de contaxio, tratamentos ou vacina", sinalou en rolda de prensa telemática a portavoz nacional do BNG, quen reclamou a "elaboración xa dun protocolo" nesta dirección.

Así llo esixiu ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de quen fixo referencia a que el mesmo, este domingo, defendeu a "importancia de que se fagan cousas, sen tanto mirar as competencias". O que "importa", incidiu, é levar a cabo medidas "para pór por diante os intereses do país".

MÁSCARAS DEFECTUOSAS

Sobre o reparto de máscaras defectuosas, Gonzalo Caballero apelou ás administracións públicas a "extremar" a precaución para evitar este tipo de situacións un "momento moi complexo".

"Hai distintos erros en todo o material no conxunto dos países e evidentemente, se hai un lote que o Goberno de España remitiu ás comunidades e que tiña debilidades, ese lote ten que ser retirado de forma inmediata", manifestou. Tras iso, lembrou que a propia Xunta de Galicia remitiu no seu momento "material caducado" a distintas cidades galegas. "Por tanto, todas as administracións teñen que corrixir calquera tipo de erro, prever calquera tipo de escenario complexo e tomar todas as medidas nesa liña", apuntou.

OPOSICIÓNS

Doutra banda, a portavoz nacional do BNG volveu a insistir en que o Goberno galego debería suspender as oposicións ata o ano que vén, garantindo o mesmo número e distribución de prazas que na actual convocatoria, sumando tamén as vacantes pola taxa de reposición de 2021.

Para Pontón é "electoralista" mantelas convocadas, unha cualificación que atribúe a que é a única comunidade que as mantén e, precisamente, é a que ten unhas eleccións previstas para este ano. Así, apelou a acabar coa "incerteza" de "tantas persoas que levan meses ou anos preparándose para esta cita e agora están nun "limbo que non é de recibo".

GALICIA EN COMÚN

Tamén este luns, Gómez-Reio volveu a reclamar á Xunta que clarifique se van ter lugar as oposicións de Educación previstas para xuño e que foron suspendidas xa no resto de comunidades. Para Gómez-Reino, a Consellería de Educación "ten que aclarar as datas nas que se van a celebrar as oposicións e manter o número de prazas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

E cada día sen enviar os test rápidos (35 días) é CRIMINAL !!! https://twitter.com/00Gamela/status... Os políticos xogando a quedar ben sen gastar un can...! Penso que a primeira medida de protección contra esta borralla de políticos oportunistas é poñer fin ao Estado de Alarma o 25 de abril... Grándola Vila Morena ! Saír todos á rua en pelotas para que non nos poidan multar e disfrutar da Primavera ! Vaia pandilla de FDP temos nos gobernos !!!