O PSdeG propón á Xunta un programa de provisión de máscaras gratuítas para todos os galegos

Gonzalo Caballero defende que "non ten un custo inasumible nin excesivo para os orzamentos da Xunta".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/04/2020 | Actualizada ás 17:55

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, propuxo este luns á Xunta un programa de provisión de máscaras de protección gratuítas a toda a poboación galega nas primeiras semanas do desconfinamiento.

Reparto de máscaras
Reparto de máscaras | Fonte: © Miguel Núñez.

Caballero explicou que esta crise ten "distintas fases" e apelou a "prever" as medidas que hai que adoptar no escenario futuro para o que os socialistas configurarán un comité sanitario que estude e articule as medidas e propostas nos distintos escenarios de evolución da crise da COVID-19.

Por iso, cando xa se empeza a albiscar a fase de desescalada e nun contexto no que Feijóo se mostrou partidario de que a cidadanía use máscaras de protección, o líder do PSdeG pediu que a Administración galega entregue de forma gratuíta este material á cidadanía.

"Non ten un custo inasumible nin excesivo para os orzamentos da Xunta", apuntou Gonzalo Caballero, quen defendeu que esta medida permitirá a todos os galegos acceder ás máscaras en condicións de igualdade.

"En moitos lugares aínda é difícil acceder ás máscaras", sinalou o máximo dirixente do PSdeG, para quen se trata dunha iniciativa "equitativa" para protexer á a cidadanía sen que teña que asumir novos custos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta