Proposta da Deputación de Pontevedra para aplicar test de dobre banda en empresas con máis de 100 traballadores

A presidenta provincial de Pontevedra, Carmela Silva, pediulle por carta ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a mellora en condicións de traballo ademais de que entenda o documento "como unha achega con ánimos positivo".

Por E.P. | PONTEVEDRA | 20/04/2020 | Actualizada ás 18:17

Comparte esta noticia

A Deputación de Pontevedra trasladou á Xunta a idea de que se apliquen test de dobre banda ao persoal daquelas empresas galegas de máis de cen traballadores. É, tal e como explicou a institución que preside Carmela Silva, unha "demanda dos alcaldes da provincia" de municipios de menos de 20.000 habitantes, que remitiron á súa vez esta preocupación do persoal de atención primaria dos seus municipios.

Así, nunha carta remitida este luns ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a titular da Deputación de Pontevedra sinala que "aínda que a totalidade das empresas e industrias" están a facer "un esforzo enorme para garantir a seguridade do seu persoal", é "certo que moitos medios de produción" obrigan a contactos interpersoais que "poden ser o foco de contaxios".

Por iso, "para evitar posibles crecementos da pandemia" e "garantir unhas adecuadas condicións de prevención", os alcaldes da provincia propuxeron solicitar á Xunta a posibilidade de facer test de dobre banda "en todos aqueles centros de traballo nos que, pola súa  casuística de acumulación de persoal, determinen as autoridades sanitarias".

A presidenta da Deputación de Pontevedra finalizou a súa misiva indicando que espera que se entenda a carta como "unha achega con ánimo propositivo que axude a erradicar, na medida do posible, a propagación" da covid-19.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA - Arquivo
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

Pero xa podedes ir rezando porque esta tropa pretende manternos 60 días presos...! Agora imos sair a mexar por concellos, non sei se con bolsa ou sen bolsa, pero con máscaras co 21% de IVE seguro (as multas seguirán activas!) https://metropolitano.gal/enfoque/c... FDP !

1 Gamela

Como hoxe está a chover, a señorita Carmela non pode tomar o sol no chalet de Toralla, ocórrenselle estas ideas... Cando as traballadoras dos supermercados aínda ninguén lles fixo test algún e están en contacto diario coa meirande parte da pobaoación envellecida (que aínda ten o vicio de comer a diario, dende hai 38 días!) Seica esas "empresas de máis de 100" traballadores estarán todas nos ERTEs (sen cobrar un can) ou é que está a pensar en facerlle os test gratis a Citroën ? Todo pode ser...! Tedes 24 horas para preguntarlle ao Goberno o que vos pete Total xa sabemos que nunca responden ao que se lles pregunta ! https://twitter.com/00Gamela/status...