Por GC Tendencias | Arteixo - A Coruña | 01/12/2012 | Actualizada ás 11:09
Buscando o complemento perfecto para a xornada musical, nesta edición de 2012, ofrécense 3 cursos de formación: Inicio a percusión africana, Fotografía dixital e Son directo. Unha oferta baseada no desfrute, o aprendizaxe e o lecer.
A programación musical está tendo lugarer os domingos dos meses de Novembro (días 4-11-18-25) e Decembro (días 2-9-16-23) no Centro Social de O Froxel (rua/José Pérez Ballesteros _ Vilarrodís_Arteixo). A excepción do curso de Iniciación á Percusión africana que será os Sábados no Centro para maiores de A Baiuca (Travesía de Arteixo 247_Arteixo)
Próximos concertos
Domingo 2 de decembro: Hip-Hop
LEAGUE OF LOSERS (A CORUÑA) : é un grupo de rap , con base de operacións no noroeste de España , na Coruña para ser exactos e cunha traxectoria previa de máis dunha década en diferentes formacións. Pulen o seu son con baixos melódicos e estruturas elaboradas, con beats na súa maioría de Jay DeRare, contando cun ritmo de Charlie Tzara. Sen pretensións, directo e seguindo as pautas de sempre, á fin e ó cabo "é o único que saben facer".
ARUFE VS JUDAH (A CORUÑA) : son dous dos compoñentes do colectivo Norweside. A súa versatilidade tanto rapeando como producindo fan que cada un dos seus traballos sexa unha volta de torca a todo o anterior, deixando claro que non se poñen límites á hora de facer música. Todos estes 7 rexistros polos que se moven quedan reflectidos nos seus directos que non deixan indiferente a ninguén, enérxicos e diferentes. En Madrid, Barcelona, Málaga, Xixón ou calquera das cidades galegas xa o puideron comprobar.
Domingo 9 de decembro (Reagge)
REBEL ROOTS (FERROL) : é un grupo de reggae que xorde a principios do 2012 que é cando se completa a formacion da banda. As súas influencias mais próximas son o roots, ska, dub, e ragga. Este ano foron finalistas do Foundation Reggae Contest 2012.
http://www.youtube.com/user/RebelRootsFerrol
XENDERAL (CERCEDA) : Xenderal a.k.a. GendeBeat comezou a sua andaina nas músicas contemporáneas introducíndose no rap e no mundo do Hip-Hop para despois deixarse seducir polo arte do Beatbox. Colaborou con diferentes grupos galegos como DiosKeTeCrew, Zenzär e Machina e actualmente forma parte do colectivo de soundsystems SoundKilla xunto cos vigueses Selectah in Helicopter, impulsando xunto a toda unha familia o movemento dos sistemas de son autoxestionados. O reggae, o rap, o ragga, o beatbox e a lírica consciente forman parte dás suas cancións.
http://www.s oundcloud.com/gendebeat
Domingo 16 de decembro (Talesien)
TALESIEN (A LARACHA) : celebran o seu 10º aniversario presentando novo traballo “El silencio”. Nova formación e novas forzas, no 2002 compezou a súa carreira, tocando con grandes nomes da escea musical tales como DEU,Los Suaves, Anthrax, etc... No seu haber teñen varios traballos consagrados. O seu ep “Non Limits in Time” e os seus 3 discos, “The Blind Carpenter”, “Melancolía” e “El silencio”, ademáis dun ep en acústico,unha obra mestra, “Metamorfose”. Neste 2012 están a percorrer a península coa súa nova xira "Rompiendo el silencio"
SLAMMIN THRU (A CORUÑA) : formado a finais do 2002 é unha formación que aposta por un estilo próximo ó rock progresivo de grupos como Queensryche ou Dream Theater e reúne as 8 influencias musicais de todos os membros da banda, que van desde o rock clásico ao metal progresivo pasando polo rock dos 80s e 90s. Na actualidade, Slammin' Thru continúa tocando en directo ao mesmo tempo que compón e grava novos temas.
Domingo 23 de decembro (Garaxe-Rock)
THE FUZZBOMBS (A CORUÑA) : formaron ou forman parte de bandas como "Thee Virus", "Minapolaris", "Sivaritas", "Twin Sets" e "AgentV". Dende a súa formación (2011) realizaron máis dunha vintena de concertos tanto ao longo da Comunidade Galega como en Euskadi. O seu repertorio móvese entre diferentes etiquetas de rock, garaxe, hard, punk ou revival.
http://www.thefuzzbombs.bandcamp.com/
LULÚ T LOS CANÍBALES (A CORUÑA) : é unha banda creada no 2009. O seu estilo atrevido viaxa entre o psychobilly, o punk e o garage. Este peculiar quinteto está formado por teclado, batería, contrabaixo, guitarra e voz, e definen o seu son como “unha divertida mestura de Voodoo Rockabilly con garage punk que despexará o teu cóbado da barra e te fará bailar como un cavernícola”.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.