Museos e Arquivos da Xunta celebran o Día do Libro facendo visible o seu patrimonio bibliográfico

Celebrarase este xoves, con iniciativas para facer visible o patrimonio bibliográfico.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/04/2020 | Actualizada ás 18:28

Comparte esta noticia

Os museos e arquivos xestionados pola Xunta súmanse á programación en liña con motivo do Día do Libro, que se celebra este xoves, con iniciativas para facer visible o seu patrimonio bibliográfico. O obxectivo, explicou a Administración, é "fomentar a lectura entre a sociedade" e "seguir dando ao libro todo o protagonismo que merece", con especial énfase neste contexto de confinamento.

Biblioteca.
Biblioteca.

Baixo esta premisa, museos e arquivos fan estes días visible o seu patrimonio bibliográfico e desenvolverán unha intensa actividade en redes sociais.

Así, o Museo de Belas Artes da Coruña porá a disposición do público o número 2 do seu Boletín, un monográfico dedicado ao museo que conta coa colaboración de todo o persoal técnico e que recolle propostas teóricas e prácticas de actuación museológica. Tamén difundirá un catálogo sobre a exposición 'Luís Seoane no Museo de Belas Artes da Coruña. O legado de Maruxa Seoane'.

No caso do Museo Massó (Pontevedra), poranse en valor os incunables que ten custodiados, ofrecendo desde o seu blogue o contido dixital accesible do 'Liber chronicarum', impreso en 1493 en Núremberg; mentres que o Museo das Peregrinacións e de Santiago facilitará a descarga e consulta de todas as súas publicacións.

Pola súa banda, o Museo Arqueolóxico de Ourense ten en marcha un concurso de microrrelatos que se fallará o propio Día do Libro e cuxo premio é un lote dos últimos 10 libros publicados polo centro oy o Grupo Marcelo Macías. Ademais, porá a disposición da cidadanía o catálogo da exposición 'Na procura do pasado'.

O Museo do Castro de Viladonga (Lugo) presentará a través das redes sociais os seus fondos bibliográficos co obxectivo de dar visibilidade ao seu papel na investigación, e o Museo Etnolóxico de Ribadavia sumarase a esta celebración coa edición dun libro en liña colaborativo a través do concurso 'O mes de abril na tradición'. Ademais, porá a disposición da poboación unha exposición bibliográfica

ARQUIVOS

Os arquivos xestionados pola Xunta tamén participarán nesta conmemoración con distintas iniciativas. Así, o Arquivo do Reino de Galicia difundirá o 23 de abril o material sobre saúde e medicamento que se conserva no fondo antigo da biblioteca auxiliar.

Pola súa banda, o Arquivo Histórico Provincial de Ourense divulgará a través das redes sociais o manual clásico da Paleografía hispana 'Escola paleographica ou de ler letras antigas desde a entrada dos godos en España ata os nosos tempos', que se conserva na súa biblioteca e foi publicado en 1780 polo pai Andrés Merino.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta