O persoal de ambulancias: "Trátannos como traballadores de segunda, sen medios de protección"

O colectivo Varanda Viva denuncia que moitos membros do persoal de ambulancias ten que reutilizar máscaras de seguridade dun só uso.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 22/04/2020 | Actualizada ás 13:50

Comparte esta noticia

A Rede Galega de Solidariedade, Voluntariado e Reivindicación, Varanda Viva, enviou este mércores 22 de abril un unha denuncia e máis un escrito á Valedora do Pobo e á Consellería de Sanidade, polos que reclaman maiores medidas de protección para o persoal de ambulancias.

Traballadores de ambulancias do 061
Traballadores de ambulancias do 061 | Fonte: xunta.gal

O motivo parte das denuncias de persoal do 061 ante a falta de cumprimento en canto dotación de material de seguridade, poñendo en risco a saúde “das persoas traballadoras e das usuarias”. Así, fronte aos protocolos que esixen tres equipos de protección persoal (EPIs) por persoa, denúnciase que non existen dotacións suficientes para equipos de protección individual para o persoal de ambulancias con risco de contaxio.

Por outra parte, tamén se denuncia nos escritos enviados á Valedora e a Sanidade, que dentro do 061 se está traballando coas mesmas unidades anteriores á crise do coronavirus. Isto implica unha maior carga de traballo e a dificultade engadida de ter menos tempo para as emerxencias.

O persoal do 061 avisan que “están sendo considerados traballadores de segunda”, por non estárselles facendo as probas da COVID-19 nin se lles limpan os centros de traballo. Sumado a este último punto, sinalan que en moitos casos este persoal vese na necesidade de reutilizar máscaras de seguridade. Por todo isto considéranse desprotexidos ante posibles contaxios entre eles e de cara as persoas usuarias.

Consideran que as institucións competentes están actuando con falta de previsión, porque “non é a primeira vez desde que comezou esta crise sanitaria que este sector demanda medidas de protección”. Por iso, desde Varanda Viva, piden a dotación de material necesario ao persoal sanitario para desenvolver as súas funcións con todas as garantías.

RESPOSTA DO 061

Pola súa parte, o 061 respondeu que a ambulancia asistencial de soporte vital avanzado (SVA) con base na bisbarra do Salnés, xunto coas ambulancias con base en Monforte de Lemos e a Mariña lucense, "segue o novo modelo asistencial de atención ás urxencias e ás emerxencias que Urxencias Sanitarias de Galicia-061 implantou o pasado ano na Comunidade galega".

Por outra banda, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 sinala estar cumprindo a normativa de prevención de riscos laborais fronte a riscos biolóxicos na base da ambulancia de soporte vital avanzado no Salnés. "Todos os profesionais pertencentes a este recursos asistencial traballaron en todo momento cos EPI axeitados en función".

En relación a realización de test, o 061 sinala que todos os traballadores técnicos en transporte sanitario teñen "o mesmo o mesmo trato que os sectores profesionais fundamentais en canto á prioridade á hora de realizar as probas correspondentes e individualmente valoradas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta