Más País, Compromís e BNG apoian a nova prórroga, pero critican os "erros" do Goberno

Critican, especialmente, a decisión, logo rectificada, de que os nenos só podían ir a bancos e supermercados.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 22/04/2020 | Actualizada ás 12:53

Comparte esta noticia

O BNG, Más País-Equo e Compromís, que comparten con Junts o Grupo Plural do Congreso, confirmaron o seu respaldo á prórroga do estado de alarma decretado pola pandemia do coronavirus, pero non aforraron críticas aos "erros" do Goberno, algúns deles "de vulto" como a rectificación da idea de levar aos nenos ao supermercado.

En concreto, o deputado do BNG, Néstor Rego, expresou o seu apoio á continuidade do estado de alarma, pero ao mesmo tempo quixo deixar claro que non apoian "en absoluto" a xestión que está a facer o Goberno da crise da pandemia.

"Xa avisamos que a nosa actitude construtiva e proprositiva non ía ser nin muda nin acrítica", indicou o nacionalista, que pediu ao Goberno que rectifique os seus erros, como fixeron con "o despropósito" dos paseos dos nenos. "Rectifiquen porque ás veces, cando rectifican acertan", concluíu.

Pola súa banda, o líder de máis País, Íñigo Errejón, lembrou no Congreso que a súa formación vén apoiando as medidas do Goberno, aínda que considera que nestas semanas adiantaban propostas que os socialistas rexeitaban e que logo acababan por aplicar. "Espero que o Goberno aprenda a deixarse apoiar", comentou.

Tras reiterar as súas críticas a "as présas" por pór fin ao parón das actividades non esenciais, instou a mobilizar máis recursos económicos, vía impostos e fondos europeos, e avisou de que "en protección social queda moito por facer". "Achegámonos a unha situación moi complicada, de negras treboadas, e é fundamental non deixar á cidadanía a intemperie", comentou.

Joan Baldoví, de Compromís, socio electoral de Más País, confirmou tamén o seu apoio á prórroga "por responsabilidade", aínda que admite que "na xestión do Goberno "houbo erros algúns de vulto", como a polémica polos paseos dos nenos.

O deputado do BNG, Néstor Rego, durante a súa intervención no pleno do Congreso este mércores. Pool
O deputado do BNG, Néstor Rego, durante a súa intervención no pleno do Congreso este mércores. Pool | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Gamela

Outro que tal baila... "non apoia "en absoluto" a xestión que está a facer o Goberno da crise da pandemia" e regálalle outros 20 días para que sigan facendo o indio? Se alguén comprende algo que mo explique ! UPG UPG UPG D I S O L U C I O N X A !!!

1 Gamela

Sinceiramente, hai silencios moi elocuentes !