As librarías xa miran ao futuro: "Oxalá a ansia que temos agora pola cultura siga fluíndo cando isto pase"

"O Día do Libro era unha festa, a tenda estaba chea. Era raro facturar menos de 3.000 euros e hoxe faremos uns 300..." Na Libraría Biblos e mais na Trama, ambas na cidade de Lugo, manteñen a súa venda en liña, pero "botas de menos cousas; non ten nada que ver co doutros anos". Confían na súa clientela fixa —"dinnos que estarán aí"— e agardan políticas que axuden o sector e o comercio local.

Por Silvia López | LUGO | 23/04/2020 | Actualizada ás 22:30

Comparte esta noticia