Temas: CORONAVIRUS CCOO

Denuncias de "incumprimentos" en materia de protección en empresas de axuda a domicilio na Coruña

CCOO informa da existencia de casos positivos de COVID-19 "entre o persoal de OHL Ingesan", cuxos traballadores di, "ten que desenvolver o seu traballo sen os medios de protección necesarios".

Por E.P. | CORUÑA, A | 24/04/2020 | Actualizada ás 14:33

Comparte esta noticia



O sindicato CCOO denunciou "incumprimentos" en materia de protección por parte de empresas do servizo de axuda a domicilio na Coruña e anuncia a súa intención de levar esta cuestión a Fiscalía.

En concreto, informa da existencia de casos positivos de COVID-19 "entre o persoal de OHL Ingesan", cuxos traballadores di, "ten que desenvolver o seu traballo sen os medios de protección necesarios".

Desde CCOO Construción e Servizos lamenta "ter que pór en dúbida, unha vez máis, a profesionalidade e responsabilidade tanto da empresa como das autoridades sanitarias, xa que a Inspección de Traballo constatou a falta de medidas de prevención e informou as autoridades sanitarias".

"Sen que estas fixeran nada, permitindo que o persoal de servizo de axuda a domicilio siga pondo en risco a súa saúde, a da súa familia e a das persoas usuarias do servizo", asegura nun comunicado no que denuncia que se lles obriga a atender "posibles positivos sen as medidas de protección adecuadas".

CCOO, que cifra en catro as demandas ante Inspección, esixe á empresa que manteña informados os casos de COVID-19 ás traballadoras e traballadores "e o dote definitivamnte do material de protección necesario". Tamén reclama á Inspección de Traballo que "actúe con contundencia ante os incumprimentos".

Edificios no casco vello de Vigo por parte do Concello
Edificios no casco vello de Vigo por parte do Concello

Temas: CORONAVIRUS CCOO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta