Os afectados por ERTE en Galicia ascenden a 224.636

Coruña e Ponteveda as provincias máis afectadas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/04/2020 | Actualizada ás 16:09

Comparte esta noticia

Galicia rexistra un total de 224.636 afectados en 35.024 Expedientes de Regulación Temporal de Emprego (ERTE), segundo datos da Consellería de Economía deste venres.

En Galicia, hai 1.007 ERTE autónomicos, que afectan a 18.413 traballadores. Os de índole estatal con repercursión na comunidade afectan a 32.397 traballadores. Por provincias, en Pontevedra hai 78.015 empregados en 12.249 expedientes. Séguelle A Coruña, con 63.494 traballadores en 13.557 ERTE.

A máis distancia atópanse as cifras rexistradas en Ourense, con 17.467 empregados en 4.154 expedientes de regulación. En Lugo, 14.850 traballadores en 4.057 ERTE.

O Executivo autonómico tamén remarca que, actualmente, xa se resolveron nñas de 30.000, o 90% dos ERTEs presentados.

Paro,Emprego,Inem,Parados,Oficina,Traballo. EUROPA PRESS - Arquivo
Paro,Emprego,Inem,Parados,Oficina,Traballo. EUROPA PRESS - Arquivo

XUNTA

Por outra banda, a Xunta e as entidades financeiras adiantarán o pago das nóminas a traballadores afectados por Expedientes de Regulación de Emprego (ERTE) que aínda estean pendentes de cobrar a prestación. Diso informou o presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior á reunión do Consello da Xunta que deu o visto e prace ao convenio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta