As crianzas poderán baixar ás zonas comúns veciñais sen agruparse

Sempre acompañadas dunha persoa adulta.

Por E.P. | MADRID | 24/04/2020 | Actualizada ás 18:15

Comparte esta noticia

Os menores de ata 14 anos poderán baixar ás zonas comúns das comunidades de veciños a partir deste domingo 26 de abril, pero sen coincidir con outras crianzas nas zonas de xogo destas urbanizacións, sen estar máis dunha hora e sempre acompañados dun adulto, é dicir, respectando as mesmas medidas que as establecidas para os paseos pola rúa, durante o Estado de Alarma pola pandemia do coronavirus COVID-19.

"Os espazos comúns de veciños son espazos privados, obxecto de regulación comunitaria. O Goberno vai especificar uns criterios pero van ser os mesmos que para os espazos públicos, os nenos non poderán estar en grupos superiores a 3, deberán estar permanente acompañados dun adulto, non é aconsellable que estean máis dunha hora e non poden coincidir en espazos de xogo conxuntos", precisou o ministro de Sanidade, Salvador Illa, este venres 24 de abril na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros extraordinario.

En todo caso, o ministro indicou que lles chegou unha petición suxerindo que o Goberno expoña unha norma única para todas as comunidades de veciños. Así llelo trasladaron este xoves os administradores de Fincas colexiados nunha carta ao Goberno e ao ministro de Dereitos Sociais e Axenda 2030, despois de que o vicepresidente segundo Pablo Iglesias, dixese que cada comunidade veciñal debía "establecer as súas propias normas" neste sentido.

Os administradores de Fincas precisaron que durante o Estado de Alarma se pospuxeron as reunións de xuntas de propietarios por non poderse garantir as medidas sanitarias, polo que "non se poden tomar acordos sobre a utilización dos elementos comúns polos menores". Ademais, consideran que esta decisión sobre o uso por parte dos nenos das súas instalacións comúns non se pode deixar "ao arbitrio" de cada comunidade de propietarios. O ministro de Sanidade asegurou que Dereitos Sociais está a traballar na guía onde se contemplarán as diferentes casuísticas.

Un neno observa a rúa desde o interior da súa casa, en pleno confinamento polo estado de alarma decretado con motivo da pandemia de coronavirus.. PAULA XUSTO-EUROPA PRESS
Un neno observa a rúa desde o interior da súa casa, en pleno confinamento polo estado de alarma decretado con motivo da pandemia de coronavirus.. PAULA XUSTO-EUROPA PRESS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta