O centro de maiores de Celanova, o de maior taxa de mortes por COVID-19 de Ourense con case un 20%

Son xa nove os mortos na residencia San Carlos e os afectados están dispersos en 4 centros. Os traballadores denuncian que seguen sen facerlle test.

Por Galicia Confidencial | Celanova | 25/04/2020 | Actualizada ás 16:20

Comparte esta noticia

As mortes causadas polo covid-19 son xa 9 entre os residentes da San Carlos, despois do falecemento dunha muller na madrugada de onte no centro intermedio de Baños de Molgas e de que a dirección da residencia de Celanova confirmase que a muller falecida o pasado 28 de marzo no CHUO tamén deu positivo na proba.

Estes datos apuntan que a taxa de letalidade entre as usuarias e usuarios sitúase este sábado no 19,1%, a máis alta entre todas as residencias de Ourense segundo as estimacións a respecto da incidencia que se teñen feito públicas.

Segundo informa o BNG desta localidade de fontes das familias e do persoal que atende á residencia, as nove mortes por covid producíronse os días 19, 20 e 30 de marzo–as tres primeiras–e os días 1, 5, 7, 9, 18 e 24 de abril. A residencia de Celanova, que rexistrou a primeira vítima mortal da pandemia en Ourense e onde apareceu o primeiro brote grave entre as residencias galegas, sufriu 47 contaxios entre os residentes.

DISTRIBUÍDOS ENTRE CATRO CENTROS

Tamén sinala que os residentes afectados polo covid están dispersos en catro centros, despois de que se derivase unha paciente ao Hospital de Piñor. Así, na residencia de Celanova seguen 5 enfermos de covid –catro delas permanecen no centro desde o inicio do brote; outro foi devolto desde o Hospital de Ourense a semana pasada¬-; 9 deles están no centro de Baños de Molgas, onde estaba previsto sometelos a un terceiro test durante esta fin de semana; 1 está ingresada no CHUO; e a última, no Hospital de Piñor.

Por outra banda, o BNG denuncia que o Servizo Galego de Saúde  desatenda a traballadoras da Residencia San Carlos que entran en baixa laboral e traballadoras que rematan estes días a súa vinculación coa residencia despois de permanecer durante seis semanas, nos peores momentos do brote e co persoal diminuído prestando un servizo que salvou vidas.

O SERGAS non lles ofrece a realización do test (para as contratadas durante estas semanas sería a primeira) poñendo en risco ás súas familias e obrigándoas a adoptar medidas individuais de illamento”, apunta nun comunicado. Así, lembra que o pasado día 29 de marzo sinalou á Alcaldía a conveniencia de convocar a Comisión municipal de Sanidade co fin de que a corporación local coñecese o impacto da pandemia en Celanova e avaliase a situación.

Un operario con traxe de desinfeccion na Residencia de anciáns San Carlos de Celanova en Ourense
Un operario con traxe de desinfeccion na Residencia de anciáns San Carlos de Celanova en Ourense | Fonte: Rosa Veiga- Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 anti- mandriles

na china o animal transmisor foi o morcego (sopas de) ou o pangolín (filete de 1.000 euros o quilo meus) pero na galiza o elemento transmisor foi o mandril - MOITO VEU DOS MANDRILES - https://www.elconfidencial.com/espa...