Deteñen un home que trataba de roubar en coches na zona do porto de Ferrol

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/04/2020 | Actualizada ás 20:10

Comparte esta noticia

A Policía Local de Ferrol detivo na madrugada do venres 24 un home que trataba de roubar no interior de coches estacionados nas inmediacións da sala de exposicións da Autoridade Portuaria, no peirao de Curuxeiras.

Foi a policía portuaria a que descubriu a este individuo despois de que forzase a porta dun vehículo, pero ao decatarse da presenza dos axentes, fuxiu do lugar.

Durante a persecución foi cando unha patrulla da Policía Local o viu e logrou arrestalo. Despois comprobouse, segundo informou, que revolvera no interior do turismo en busca de obxectos de valor.

Policía Local © Miguel Nuñez
Policía Local © Miguel Nuñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta