PSdeG: “Feijóo é o príncipe da propaganda e fai anuncios electoralistas en plena crise”

Acusa ao presidente galego de “electoralismo” por anunciar a licitación do hospital de Montecelo en plena crise tras “década de atrasos”.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 25/04/2020 | Actualizada ás 23:05

Comparte esta noticia

O PSdeG acusou de “electoralista” e “hipócrita” a Alberto Núñez ao anunciar, en plena crise da covid-19, a licitación da primeira fase do Hospital de Montecelo. “Leva máis dunha década destrozando a sanidade pública e acumulando atrasos nesta obra e fai o anuncio en plena crise”, denuncian.

Así,  Paloma Castro, membro da dirección galega do PSdeG, cualificou este anuncio de “tomadura de pelo” de quen busca facer “electoralismo” co hospital de Pontevedra tras “moitos anos de abandono”. “Acórdase agora da sanidade pública”, denunciou Paloma Castro, quen recordou que este hospital tiña que estar construído hai anos e cuestionou que Feijóo se lembre agora desta infraestrutura.

O príncipe da propaganda volve a amosar a súa falta de empatía e de sensibilidade”, incidiu, e urxiu a Feijóo a deixar o “electoralismo” e a “dar respostas” ante a crise derivada da expansión do coronavirus, nunha xornada, a deste sábado, na que na área de Pontevedra se coñeceron 18 contaxios máis.

Feijóo, en rolda de prensa na sede de San Caetano. Xunta de Galicia
Feijóo, en rolda de prensa na sede de San Caetano. Xunta de Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Atlantiic

Home ten que facer propaganda porque é o que lle queda a estes membros da gran mentira do estado ispán africano.