Feijóo presenta un plan de desescalada para Galicia sen informes concretos: “Dependerá do Goberno central”

O presidente da Xunta critica ao Executivo de Sánchez por non ter aínda un calendario para a desescalada, pero di que no caso galego haberá que agardar aos estudos epidemiolóxicos para saber como actuar se, por exemplo, hai xente do Baixo Miño que traballa en Vigo, ou rapazada da Terra Chá que estuda en Lugo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/04/2020 | Actualizada ás 16:33

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, defendeu este domingo na conferencia telemática de presidentes unha desescalada da crise por territorios en base a criterios xeográficos, sanitarios e demográficos. Unha opinión coa que tamén coindiden outros presidentes como o catalán ou o vasco, Quin Torra e Íñigo Urkullu. Con todo, o presidente non ten definido como aplicar esse suposto plan galego de desescalada que tanto lle pide a Sánchez que fía "ao que diga o Goberno central" e ao estudo epidemioloxico de maio.

Alberto Núñez Feijóo na rolda de prensa posterior á reunión do Consello da Xunta. XUNTA
Alberto Núñez Feijóo na rolda de prensa posterior á reunión do Consello da Xunta. XUNTA

Así,rexeitou que a desescalada se faga por provincias, como expón o Goberno central, e suxeriu que en Galicia se poida facer por áreas sanitarias --un total de sete-- e, dentro destas, en "microzonas" máis localizadas. 

Na rolda de prensa posterior á reunión por videoconferencia co resto de líderes autonómicos e o presidente do Executivo estatal, Pedro Sánchez, o mandatario galego explicou que a división por áreas de saúde permitiría avaliar a situación de cada zona en función das "infraestruturas sanitarias" e as camas de hospitalización e de UCI das que se dispón.

Na rolda de prensa, Feijóo tamén cualificou como "razoable" que o Consello de Ministros do martes concrete ese "cadro de mando único" que dea "parámetros comúns" en toda España para a desescalada, pero que teñan en conta "a especificidade" de cada zona a través dunha "cláusula de salvagarda territorial para que as comunidades poidan moverse cunha certa flexibilidade".

CRITERIOS DE FEIJÓO

Así lembrou que en Galicia hai 140 concellos sen contaxiados e por iso é importante distinguir entre o ámbito rural e urbano para "ser flexible en todo o territorio". E non ten sentido o mesmo aplicar un mesmo criterio para "tres distritos de Madrid moi poboados" que para os 365 concellos galegos, cando pouco ten que ver un lugar como a provincia da Coruña "que tería que dividirse en tres ou a de Pontevedra que podería dividirse en dous".

Neste sentido, Feijóo propuxo que a Comunidade galega actúe en base as súas sete áreas: A Coruña-Cee; Santiago-Barbanza; Ferrol; Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras; Pontevedra-O Salnés; Vigo; e Lugo-A Mariña-Monforte de Lemos. Todas elas, á súa vez, poderán dividirse en "microzonas" máis pequenas, tal e como expón a Xunta.

Ademais, reclamou que o desconfinamiento se inicie tamén con "criterios demográficos", nos que habería que distinguir tres grupos de idade --maiores de 70, de 15 a 69 anos e os menores de 14--, pero tamén tendo en conta as patoloxías previas de cada persoa.

De igual modo, a proposta da Xunta é facer unha división por sectores económicos que poderían abrir ou non en función do risco da área sanitaria no que se atope. "No caso de que nun territorio atopemos un foco, parece razoable acordoalo e esperar uns días", engadiu o presidente galego. "O que pasa nun pobo de Pontevedra non ten porque ser o mesmo que o da cidade de Ponteveda, ou de Vigo", insistiu.

AS GRANDES DÚBIDAS DO PLAN DE FEIJÓO

Precisamente, e atendendo a isto, o plan de Feijóo ten grandes dúbidas." Pode especificar máis como vai ser esas desescalada  da que fala para Galicia, porque sendo como é o lugar con máis entidades de poboación do Estado, vanse poder mover a xente ou os universitarios ou os traballadores do Baixo Miño para ir mercar ás grandes superficias, ás universidades ou ás empresas de Vigo ou os da Terra Chá a Lugo ou a de Terra de Montes a Pontevedra. Ou vanse limitar os movementos desta xente só os seus respectivos territorios?", preguntoulle Galicia Confidencial.

A resposta de Feijóo foi dispersa. “O importante agora é que o aprobe o Consello de Ministros o seu plan o próximo martes e dentro as flexibilidades que dea pois Galicia actuará”, dixo. Con todo, aclarou que haberá que ver o número de contaxiados por zonas, os servizos sanitarios ou educativos ou os recursos económicos que teñan. Pero, para sabelo com certeza suliñou que haberá que agardar ao estudo epidemiolóxico que realiza a Xunta e cuxos primeiros datos non estarán ata a segunda semana de maio.

“Penso que a situación vai ser parecida en toda Galicia porque os datos sanitarios van coincidir”, apuntou. “Podemos ter rebrotes pero o bo é que aquí o virus moveuse pouco e hai pouca xente contaxiada pero tamén ten a súa parte negativa porque hai pouca xente inmunizada. Pero temos protocolos e o obxectivo que era aplanar o colapso sanitario e iso conseguimolos e nos vindeiros meses estaremos preparados”, engadiu.

RESPONSABILIDADE DO GOBERNO CENTRAL

Por iso, volveu insistir en que a responsabilidade vai ser do Goberno central cando a aprobe no Consello de Ministros. “E supoño que os distintos grupos xa as trasladarán ao Goberno central. Galicia ten unha proposta que se podía discutir con máis intensidade pero xa se aproba o martes. "Eu esta tarde xa lle remitirei o documento de mínimos e o traballo de desescalada que fai a Xunta, pero o que pedimos é un cadro de mandos para toda España e que cada autonomía poida aplicalo na súa automía e aí coincidimos os grupos parlamentarios", apuntou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 anonimo 2

Feijóo mostra uma vez mais que o único que fai é propaganda, quantas boas palavras e intenções sem nenhum critério ou dado objetivo para logo rematar dizendo que ficará pendurado do telefono aguardando o que lhe diga o governo central...poderia aforrar saliva e tempo a todos nós ou poderia começar a tomar as responsabilidades para os que foi elegido, porque criasse ou não é o presidente da Xunta.

1 BLA BLA BLA BLA BLA

Moi ben Alberto, unha hora enteira para non decir nada excepto que hai que esperar ó martes a ver o que publica o goberno.

1 Gamela

E cando fala Sánchez Castejón entendes algo do que dí? Porque para ser Autoridade Única cómpre ter as cousas claras, non si ? E polo que se vé a cousa vai para largo... ata a ruína final (?) https://twitter.com/00Gamela/status...

2 rmju

Pero GAmeliña.... Agora volvecheste un fascistoidiño vox-pepeiro... O gran defensor do Feijóo... Ao final resulta que xa quitaches a máscara que levabas. Xa alguén o dixo aquí. Acabarás votando polo naziño do Abascal, se é que non o estabas votando xa.