A Xunta nega que se incrementaran as mortes en marzo, tras informar de 14 mortes en residencias sen test COVID-19

Hai uns días, o Goberno galego informaba de que morreran 14 persoas en residencias sen que se lle fixeran as probas do coronavirus. Feijóo di, agora, que "non hai diferenzas substanciais" cos datos de hai un ano.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/04/2020 | Actualizada ás 17:38

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, nega que existan "diferenzas substanciais" entre o número de vítimas con COVID-19 que manexan os rexistros civís da Comunidade e cos que conta o propio Goberno galego. E iso, que hai uns días a Xunta informaba da morte só de 14 pacientes en residencias --sen contar outros que domicilios ou hospitais-- aos que non se lle realizara a proba do COVID-19.

Ata este domingo a Consellería de Sanidade informou da morte de 523 persoas que padecían coronavirus. Este dato contempla a todas as vítimas cun diagnóstico de COVID-19 positivo que faleceron en hospitais, residencias de maiores ou residencias integradas, pero non ás que puideron falecer fóra destas instalacións.

Esta é a metodoloxía de reconto que segue a Xunta, pero en todo caso o "obxectivo é aproximarse con exactitude á realidade", segundo puido explicar Feijóo este domingo na rolda de prensa posterior á sétima reunión telemática co presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e o resto de titulares autonómicos.

Ademais, precisou que a Xunta pediu ao Ministerio de Xustiza "información" de mortes na Comunidade "para saber se alguén non está a declarar adecuadamente os falecementos" dos meses de marzo e abril e parécelle "sorprendente" que os propios rexistros civís non estean autorizados a facilitar esa información ás comunidades, como asegura que sucede.

"DATOS MOI HOMOXÉNEOS"

Con todo, Feijóo dixo que xa dispón de datos propios e que a Administración autonómica comprobou que "os falecementos do mes de marzo de 2019 e 2020" contemplan "datos moi homoxéneos" e que aínda quedan por analizar "os datos da primeira quincena de abril e do resto" do mesmo mes.

Cadaleito nun proceso de cremación ou incineación sen un funeral durante o coronavirus
Cadaleito nun proceso de cremación ou incineación sen un funeral durante o coronavirus | Fonte: efuneraria.com

Con todo, Galicia é a única comunidade que aínda non informa ao Goberno con que tipo de test detecta os positivos por coronavirus, Feijóo dixo que é  "un erro de información". Sobre este asunto, asegurou que "Galicia deu os datos diariamente e non hai unha soa rolda de prensa" na que o propio Feijóo "non pida o dato de falecidos" xusto antes de comparecer.

Ao mesmo tempo, explica que é "evidente" que tamén morreron persoas con outras patoloxías que non eran coronavirus e están recollidas nos rexistros civís, así como nas residencias da terceira idade "morreron persoas con test negativos" en COVID-19.

Cemiterio, lápida, lápidas, tumbas. EUROPA PRESS
Cemiterio, lápida, lápidas, tumbas. EUROPA PRESS | Fonte: AYUNTAMIENTO - Archivo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta