A crise do COVID-19 aumentará as "oportunidades" inmobiliarias pola caída de prezos, segundo pisos.com

Galicia é a terceira autonomía onde é menos rendible comprar un inmoble para logo alugalo, segundo este portal inmobiliario

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/04/2020 | Actualizada ás 11:45

Comparte esta noticia

Galicia é a terceira comunidade onde sae menos rendible comprar un inmoble para despois arrendalo. En concreto, segundo un estudo realizado polo portal web pisos.com, durante o primeiro trimestre de 2020 un aluguer cubría o 4,96% do prezo total dunha propiedade.

Vivenda en alugueiro
Vivenda en alugueiro | Fonte: EP

No entanto, o director de Estudos de pisos.com, Ferran Font, advirte que os datos do primeiro trimestre do ano "aínda non chegan a reflectir o impacto do COVID-19 no mercado", unha influencia que "se empezou a facer patente só durante a segunda quincena de marzo".

Neste contexto, Font vaticina "oportunidades" para os investidores no curto prazo, pois "a crise podería xerar aumentos na rendibilidade dos activos debido ás caídas nos prezos de compra e a estabilización do prezo dos alugueres".

Entre os meses de xaneiro e marzo, a rendibilidade media dun aluguer en toda España era do 5,78%. Esta cifra calcúlase tendo en conta que o prezo medio dunha residencia durante o primeiro trimestre do ano foi de 207.870 euros e que a renda mensual foi de 1.002 euros, polo que ao ano ascende a 12.024 euros.

Así, no ranking por comunidades, as últimas son Baleares (3,38%) --debido ao elevado prezo das vivendas--, Andalucía (4,65%), Galicia (4,96%), A Rioxa (4,99%) e Estremadura (5,12%).
No lado oposto, figuran como autonomías máis rendibles para comprar e posteriormente alugar Aragón (6,68%), Navarra (6,24%), Comunidade Valenciana (6,18%), Cataluña (6,14%) e Comunidade de Madrid (6,13%).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta