Aumenta a reciclaxe de vidro en marzo cun funcionamento "normal" do servizo

Tampouco se detectaron "incidentes" no transporte á planta de tratamento, "polo que se continúan fabricando novos envases sen que a produción se resentise neste período".

Por E.P. | CORUÑA, A | 27/04/2020 | Actualizada ás 14:27

Comparte esta noticia

A reciclaxe de residuos de vidro aumentou en marzo en Galicia cun funcionamento "normal" do servizo, segundo informa a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, tras unha reunión da súa titular, Ángeles Vázquez, co xerente en Galicia de Ecovidrio, Germán Fernández. No encontro, analizaron como se está desenvolvendo o funcionamento do servizo de recollida, transporte e reciclado deste material desde a entrada en vigor do estado de alarma debido á COVID-19.

Durante a videconferencia, na que participou tamén a directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, María Cruz Herrera, a responsable galega de Medio Ambiente constatou "que a xestión loxística en Galicia da recollida selectiva e reciclaxe posterior deste material está a facerse con normalidade, a vez que as cifras do mes de marzo manteñen a tendencia de incremento na recollida de vidro respecto ao período do ano anterior", confirma o departamento autonómico.

MEDIOS DE RECOLLIDA

Mentres, segundo trasladoulle o responsable de EcoVidrio á conselleira, desde a declaración do estado de alarma "mantéñense practicamente os mesmos medios de recollida que antes da crise para que non se resinta o servizo que prestan a 149 concellos da Comunidade".

"E que as 18 plantas loxísticas que xestiona en Galicia para o depósito de vidro seguen traballando con normalidade", apostila o departamento autonómico, que subliña que tampouco se detectaron "incidentes" no transporte á planta de tratamento, "polo que se continúan fabricando novos envases sen que a produción se resentise neste período".

A conselleira de Medio Ambiente, Anxos Vázquez, tras manter unha reunión co xerente en Galicia de Ecovidrio, Germán Fernández. CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
A conselleira de Medio Ambiente, Anxos Vázquez, tras manter unha reunión co xerente en Galicia de Ecovidrio, Germán Fernández. CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta