VÍDEO: Sanitarios e traballadores de actividades esenciais, fartos da politización da crise do coronavirus

Inician unha campaña para que os políticos deixen de lado as leas partidistas nestes momentos.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 27/04/2020 | Actualizada ás 19:27

Comparte esta noticia

Fartos de intereses partidistas e de leas políticas sobre a crise sanitaria do coronavirus SARS-CoV-2, sanitarios e traballadores de actividades esenciais iniciaron nas plataformas sociais unha campaña para que os políticos "abandonen calquera interese particular ou partidista e que sexan capaces de sentar a dialogar, cooperar e traballar en equipo".

Campaña contra a politización da crise do coronavirus.
Campaña contra a politización da crise do coronavirus.

Na campaña, impulsada por un sanitario vasco, participan persoas de todo o Estado español en varias linguas, incluída a galega, e estase a difundir a través de canles como Whatsapp e redes sociais. 

Din que se trata dunha "mensaxe dirixida a todos, independentemente da súa idade, xénero, ideoloxía ou partido" e lembran que "o coronavirus é a causa de tantas mortes e de tanto sufrimento e é preciso que toda a nosa enerxía se invista en derrotalo". "Cando isto ocorra, será tempo de facer outro tipo de lectura", engaden.

Tamén piden aos políticos que "estean á altura". "Queremos que saiban que cada vez que se insultan entre si, están a insultarnos a todos nós. Cada vez que se desprezan uns a outros, están a desprezar os nosos esforzos. Cada vez que se encerellan en discusións estériles, están a debilitarnos", censuran.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta