A Xunta oculta información a Madrid: non dá os datos dos ingresos totais en UCI

O Ministerio de Sanidade publicou unha táboa informativa aclarando que faltaban os datos de Galicia.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/04/2020 | Actualizada ás 21:48

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta critica un e outro día ao Goberno central por non remitir información ás autonomías e, este luns, foi o Ministerio de Sanidade o que tivo que aclarar que o Goberno galego foi o único que non enviou os datos sobre ingresos en UCI de pacientes contaxiados desde o inicio da pandemia.

Así, os únicos datos que figuran son de prevalencia, é dicir, os de persoas ingresadas a data de hoxe en UCI. Así, na información relativa aos casos de COVID-19 que precisaron hospitalización, ingreso en UCI e falecidos por coronavirus, en Galicia figuraban 83 casos deste luns, pero non o conxunto de pacientes ingresados desde o inicio da crise.

Este mesmo luns, a Xunta informaba de que o número de pacientes con coronavirus COVID-19 ingresados en UCI baixara dos 85 do domingo aos 83 rexistrados este luns. Sen embargo, tampouco informaba da totalidade de ingresos en UCI durante os case dous meses de pandemia, algo que pediu o Goberno central na última orde publicada do BOE.

Situación do coronavirus COVID-19 no conxunto do Estado a 27 de abril, sen os datos da Xunta sobre os ingresos totais en UCI desde o inicio da pandemia
Situación do coronavirus COVID-19 no conxunto do Estado a 27 de abril, sen os datos da Xunta sobre os ingresos totais en UCI desde o inicio da pandemia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta