O conselleiro Almuiña: "A consulta telefónica será fundamental no futuro do Sergas"

O conselleiro Jesús Vázquez Almuiña que o Sergas ten un plan hospitalario e traballa noutro para primaria para "facer unha incorporación progresiva da actividade"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/04/2020 | Actualizada ás 12:54

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, destacou este mércores que o Sergas "xa" conta cun plan hospitalario "aprobado" e elabora en primaria con expertos outro "para ir facendo incorporación progresiva da actividade".

E neste sentido, e tal e como xa anunciara o presidente Feijóo, destacou que o Sergas incrementará no futuro a teleasistencia porque "a consulta telefónica é fundamental no futuro". "Hai camiños que hai que manter", defendeu Almuiña. "Imos ir incrementando o coidado aos pacientes máis graves e buscando alternativa ao presencial", sentenciou co fin de "evitar traslados innecesarios e perdas de tempo".

"Hai que buscar alternativas e xa estamos nun plan de volver á actividade que tiñamos antes, cos cambios que van quedar", concluíu en relación a medidas aplicadas con motivo da crise sanitaria.

Teleoperadora na web de Eulen
Teleoperadora na web de Eulen

400 OU 500 UCI

Por outra banda, aposta por alcanzar os "400 ou 500" postos UCI en Galicia "para ter unha marxe de futuro" nos hospitais, á vez que reiterou o seu defensa por unha descalada por áreas sanitarias. Precisamente, duplicar as UCI en cada autonomía é unha das obrigas impostas polo Goberno central para iniciar a desescalada.

Nunha entrevista na Radio Galega, recollida por Europa Press, e sobre as medidas apuntadas polo Goberno central para a desescalada, Almuiña comentou que "Galicia está ben" e "segue comprando equipamentos e facendo espazos". "O que pide o Ministerio cumprímolo perfectamente, pero non finalizamos", sostivo, para apuntar que aspiran a pasar dos "366 postos UCI" que había antes da crise, a "400 ou 500 para ter unha marxe de futuro moi importante" e "dar as mesmas atencións de tratamento aos cidadáns".

Preguntado polo criterio para comunicar os falecementos ante a discrepancia de cifras de comunidades e o Goberno central, o conselleiro de Sanidade aclarou que en Galicia hai unha norma "para que a comunicación da morte con COVID fose obrigatoria e urxente a Saúde Pública". "Entendemos que había que contabilizar ben para dar información homoxénea", apostilou.

"Nós transmitimos os datos como os piden, pero pedimos que nos dean os doutras comunidades. Queremos ver como nos situamos dentro desa media", sinalou o conselleiro para ter información "de todos para poder facelo mellor". "Non temos eses datos", lamentou. Con todo, a Xunta foi o único goberno que non facilitou os datos de pacientes ingresados en UCI desde que comezou a pandemia, a pesar de ser pedido polo Goberno central.

PRIMARIA

Sobre o papel da Atención Primaria, Almuiña valorou como "moi importante" a súa función e lembrou que "xa pode diagnosticar" casos de COVID. "Son os puntos de contacto máis áxiles para os cidadáns. De feito a enquisa epidemiolóxica faise en Atención Primaria porque coñecen perfectamente aos pacientes e poden darlle a información moito máis directa", matizou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta