Os sindicatos reuniranse con Educación este xoves para tartar o adiamento dos exames de oposición

O proceso estivo rodeado pola polémica durante semanas ante a insistencia da Xunta de manter a OPE para este ano, a pesar das críticas dos sindicatos e de ser a única comunidade autónoma que non as aprazou.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/04/2020 | Actualizada ás 14:40

Comparte esta noticia

Arrincan as conversacións polo adiamento das oposicións docentes. A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional abordará este xoves o proceso selectivo, que se celebrará o próximo ano, cos sindicatos de profesorado. A negociación celebrarase na mesa sectorial. En concreto, este xoves está convocada ás 11,30 horas cun único punto: o borrador de modificación da orde da convocatoria da OPE.

A conselleira do ramo, Carmen Pomar, anunciou o pasado mércores durante a súa comparecencia na Deputación Permanente do Parlamento que as probas selectivas de acceso aos corpos docentes celebraranse o próximo exercicio.

O proceso estivo rodeado pola polémica durante semanas ante a insistencia da Xunta de manter a OPE para este ano, a pesar das críticas dos sindicatos e de ser a única comunidade autónoma que non as aprazou. Educación insistiu de novo en manter o proceso, entre as críticas dos representantes sindicais do profesorado, alegando que os prazos permitían aínda unha hipotética celebración das oposicións en función da evolución da pandemia.

Pomar xustificou a decisión na vontade do Goberno galego en esgotar os prazos, pero finalmente optou polo adiamento pola "falta de certezas" ante a crise sanitaria, de datos epidemiolóxicos por territorios e na nova prolongación do estado de alarma máis aló do 26 de abril. Educación avanzou que as prazas previstas manteranse para o ano que vén, un total de 3.654 prazas das que 2.036 serán de acceso libre e 1.300 para catedráticos e promoción interna.

XUÑO DE 2021

De momento, existen varias incógnitas sobre o proceso, así como o seu efecto nas prazas correspondentes a 2021. O borrador da orde que Educación presentará aos sindicatos prevé, igualmente, que os prazos se renoven unha vez que o Goberno central levante o estado de alarma. Así mesmo, o proceso selectivo daría comezo no mes de xuño de 2021, nunha data aínda por determinar.

Entre outras modificacións, a orde propón que o sorteo sexa seguido por medios telemáticos polos sindicatos de profesor, entre outras cuestións que afectan os prazos de presentación de recursos ou composición dos tribunais.

Mesa sectorial. XUNTA - Arquivo
Mesa sectorial. XUNTA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta