A empresa que quería furar Corcoesto para buscar ouro queda sen indemnización

O Tribunal Arbitral de UNCITRAL desestimou a reclamación da empresa Edgewater que vira pechado o seu intento de abrir unha mina de ouro.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 29/04/2020 | Actualizada ás 09:35

Comparte esta noticia

O UNCITRAL, dependente das Nacións Unicas (ONU), resolveu en sesión do 14 de abril a favor de España fronte a multinacional Edgewater, que reclamaba unha indemnización logo de pechado o proxecto mineiro en Corcoesto.

Zona de Val de Campiña, en Corcoesto. SALVEMOS CABANA - Arquivo
Zona de Val de Campiña, en Corcoesto. SALVEMOS CABANA - Arquivo

A pesar da resolución arbitral, Edgewater anunciou que interporá un procedemento de anulación. Con anterioridade, a mesma empresa levara aos tribunais a desestimanción de apertura da mina por parte da Xunta en 2013. Desta maneira a multinacional comezou un periplo polos tribunais que ao final ditaminario falta de apoio financeiro e técnico abondo para o proxecto. Seguidamente a Xunta declarou caducadas as concesións.

A rede Contraminacción celebrou nun comunicado a decisión do UNCITRAL. Consideran a decisión deste organismo como unha victoria da sociedade no seu conxunto. Entenden por unha parte, que as empresas tiveron que pagar un custo económico e de reputación. Por último, a resolución arbitral obriga a “tomar nota” ás empresas de que Galicia non é unha mina e que “esta mensaxe será defendida pola poboación agora moito mellor informada e preparada”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta